xoves, 18 de xuño de 2020

ATA SEMPRE

Goodbye Animation GIF | GfycatE chega o momento da despedida. Espero que teñades disfrutado tanto das clases de danza coma min e que sempre as lembredes con cariño. Despois de todo un curso de bailes, música, bromas, algún pequeno enfado e moitos risos, só nos queda dicir... ATA SEMPRE!!! 
E que mellor forma de despedirnos que cun baile divertido e moi moi apropiado: Jason Derulo e David Guetta: "Goodbye".

luns, 15 de xuño de 2020

BAILE EN GRUPO: COUNTRY DANCE

Western Sticker for iOS & Android | GIPHYE rematamos o curso cun baile en grupo diferente. Como ben sabedes, o baile en grupo, en liña ou line dance é o que realiza un grupo de persoas de maneira sincronizada, seguindo unha coreografía establecida de antemán e que hai que aprender de memoria. Así, todos repiten os memos movementos, pero de xeito independente, sen interactuar entre eles. 
Hai quen sitúa a súa orixe no salvaxe oeste, sempre cunha imaxe de western, asociado á música country, aos cowboys ataviados con pantalón e sombreiro vaqueiro e botas campeiras. Sen embargo, non deixa de ser un baile social, orixinario das Illas Británicas, que foi evolucionando a distintos tipos de ritmos.
Preparados? 
- Empezamos o quecemento con Coyote Dax e "No rompas más mi pobre corazón".
- Seguimos con country: "Cotton Eye Joe"
- E seredes quen de seguirlles o ritmo aos cowboys do último vídeo?

luns, 8 de xuño de 2020

BAILES LATINOS: Salsa e merengue

Salsa Dance GIF - Salsa Dance Silhouette - Descubre & Comparte GIFs

A salsa xurdiu entre os 60 e os 70 no barrio latino de Nova York como resultado das transformacións  de músicos portorriqueños, cubanos e americanos sobre os xéneros da música cubana, agregándolle cousas do floclore boricua e do jazz.




Resultado de imagen de gifs animados de baile salsaO berce do merengue atopámolo en Santo Domingo, pois é alí onde xorden as primeiras composicións e onde se converte en baile nacional. Nun principio, foi rexeitado pola clase alta, calificándoo de vulgar, quizáis por relacionalo coa música afro e por conter letras pícaras. Pese a todo e debido á súa sinxeleza, á súa alegría e viveza, foi un ritmo aceptado en festas e celebracións, popularizándose ao máximo a partir dos anos sesenta en países de fala hispana, e un pouco máis tarde dándose a coñecer en todo o mundo.
Para o principiante poderiamos dicir que se asemella a desfilar: un, dous, un, dous…  sen levantar tanto os pés (pénsase que o baile xurdiu nos campos que cultivaban os esclavos, que ao estar unidos por unha cadea atada aos nocellos, debían camiñar arrastrando os pés e todos a un tempo, a un mesmo ritmo).
A dificultade do merengue está no seu movemento de cadeira, que debemos imprimir para marcar esa sensualidade dos ritmos latinos.

Aquí tedes 4 vídeos titoriais:
- Primero o quecemento: "Sofia"
- Despois salsa: "Despacito"
- A continuación, un merengue: "La dueña del swing"
- Por último: relaxación e volta á calma:  "Perfect"




luns, 1 de xuño de 2020

BAILES LATINOS: Chachachá


Todo sobre el baile cubano, chachacha | Así Se BailaO chachachá é de orixe cubana, pero é en México onde adquiriu unha grande popularidade,  estendéndose a América Latina e mesmo a Estados Unidos, quizáis debido a que é un baile alegre, nin moi rápido nin moi lento, sensual, coqueto e doado de adaptar ás diferentes figuras do mambo e da rumba. O nome vén do movemento dos bailaíns: os pés marcaban un son característico ao rozar o chan en tres pasos rápidos, cha cha chá, para acentuar o ritmo da melodía e así por onomatopeia, naceu o nome. 
Xa sabedes, sensualidade, movemento de cadeiras, e un chisco de picardía. A bailar!!!

Primeiro o quecemento con Michael Jackson: "Blame it on the Boogie"
Despois dous chachachás: "Havana" e "Señorita" de Camila Cabello. 
E volta á calma con "Stand by me".

luns, 25 de maio de 2020

BAILES LATINOS: Bolero


Baile latino pintado a mano PNG Clipart | PNGOcean
Esta semana cambiamos de estilo e comezamos cos bailes latinos, distintos aos bailes estándar, xa que son moito máis sensuais, trasnmiten sentimento e expresan forza. Unha característica destes bailes é o movemento de cadeiras que acompaña os pasos, por iso se di que son moi sensuais. 

Danca Salao Bolero GIF | GfycatO primeiro baile latino que aprenderemos é o boleroO bolero aparece durante o século XIX na illa de Cuba, arredor dos anos 20 e 30. O compás do bolero é de 4/4. A súa forma de bailar sinxela, a súa facilidade de mesturarse con outros ritmos e o seu romanticismo, fixérono moi popular.  Baile moi romántico e sensual, precisa dun movemento moi marcado de cadeiras e brazos, adobiado con algo de alma e sentimento, xa que representa a unha parella de namorados. Se o ritmo é máis vivo, denomínase rumba-bolero. Como nota curiosa, este estilo evolucionou cara á bachata.
Tedes a continuación un bolero, unha rumba-bolero e unha bachata. Vaia reto!!!

luns, 18 de maio de 2020

ROCK AND ROLL

Pares Jovenes Que Llevan 50 Ropa Del ` S Que Baila Rock-and-roll ...O Rock and Roll ven do inglés “Balancearse e rodar” e naceu en Estados Unidos a mediados dos aos 50. Este novo ritmo chamou a atención do público polo contraste que supoñía respecto á música melódica da época.  O novo xénero electrizante, xerou unha revolución onde o máis importante era non parar de cantar e bailar deixando a un lado a sensiblería e o romanticismo.
Elvis Presley foi a figura máis repesentativa do xénero.
Resultado de imagen de gifs animados de baile | Gif bailando ...Baile moi vistoso e alegre, o conteo faise en oito pasos desta forma:  empezando co pé dereito da muller e o pé esquerdo do home cara atrás… un, dous e un, dous, tres (cara un lado), un dous tres (cara o otro).
A parella está enfrontada, só agarrándose polas mans. Require un pouco máis de esforzo físico que o resto de ritmos de salón, pero cando se logra o dominio é un dos estilos máis vistosos e lucidos.


Aquí tedes dous vídeos: o primeiro é un rock and roll e o segundo un twist moi sinxelo. Lembrade facer o quecemento ao principio e os estiramentos ao rematar. A bailar!

luns, 11 de maio de 2020

FOX-TROT

Installation Officers | Glen Innes Masonic Lodge 44A principios do século XX a xente de cor xa bailaba o fox-trot en Nova York. En 1915, en Gran Bretaña, é sustituido por uns movementos máis tranquilos e suaves, pois era unha especie de “trote” que se asemellaba moito ao “trote do raposo”, de aí o seu nome, Foxtrot. Asi, os ingleses  imprimíronlle un carácter elegante, reduciron o ritmo (32 compases por minuto) e cambiáronlle lixeiramente o nome, fox lento (slow fox) ou fox inglés para distinguilo do americano.
Latest Foxtrot GIFs | GfycatO fox ten un carácter elegante, tranquilo, suave, de tal modo que cando observamos aos bailaríns na pista dá a sensación de que estivesen patinando. Y así hai que bailalo, sen apenas despegar os pés do chan, con pasos longos nunha secuencia de lento-lento, rápido-rápido.
Cunha postura elegante e ben ergueitos, xa espamos preparados para bailar o fox-trot.

luns, 4 de maio de 2020

TANGO


O tango é unha danza de parella xurdida a partir da fusión de danzas e ritmos gauchos, latinoamericanos e europeos. É orixinario da rexión de Río de la Plata, en Arxentina, e espallouse por todo o mundo. O tango foi definido como “un pensamento triste que se baila”. Reflicte o paso do tempo, a nostalxia, a amizade e o amor.
Day el del GIF - Find on GIFERCaracterízase polo abrazo estreito da parella, a caminata tangueira, o corte e a quebrada, e a improvisación. Trátase dun xogo de seducción entre o home a a muller. O máis importante para un bo tangueiro é “camiñar o tango” e transmitir emocións personais á parella. Dise que o tango debe bailarse «escoitando o corpo do outro».
A parella ten que estar estreitamente enlazada, o mesmo que as pernas, que se van enredando cos pasos. O home é quen crea e dirixe o baile, mentres que a muller aporta beleza e sensualidade.
Seguide os vídeos na orde na que aparecen Ao final de todo, tedes os campións do mundo de tango en grupo do ano 2016. Abraiante!!!

martes, 28 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA DANZA

Internacional Danza : Feliz Internacional Danza NexSomosTodos ...Hoxe, 29 de abril, celébrase o Día Internacional da Danza. Por este motivo, a Cidade da Cultura de Galicia organiza esta actividade que pode ser do voso interese. Trátase dunha ficha-reto para ver a historia da danza a través da pintura e, ademais, anímanvos a participar cun vídeo bailando. Tedes aquí o texto íntegro do correo electrónico que nos enviaron. Animádevos!!!
E para celebrar esta día, aquí tedes un vídeo do que se pode facer a través da danza: Danza de sombras (preme AQUÍ).
Feliz Día da Danza a todos e todas!

Bo día,
Para celebrar o Día da Danza elaboramos unha ficha didáctica para o seu alumnado de primaria.
Coa axuda da Raposa Fedella, presentamos un percorrido no que viaxaremos desde o neolítico, ao antigo Exipto, á Idade Media ata actualidade; nunha travesía na que  hai que resolver enigmas, descifrar un xeroglífico... para descubrir a fascinante historia da danza a través da pintura.
Ademais, convidamos á cativada a mandar  un vídeo bailando ó seguinte correo electrónico:  onlinecidadedacultura@gmail.com (ata o venres 01 de maio para editalo e crear unha peza conxunta)
Prema no seguinte enlace para acceder á ficha:
 Agardamos que esta actividade sexa do seu interese.
 Para calquera consulta ou comentario non dubide en contar con nós.
 Un agarimoso saúdo,
 Servizo de Educación, Mediación, Información e Asistencia ao Público
Fundación Cidade da Cultura de Galicia| Museo Centro Gaiás| Monte Gaiás| 15707 Santiago de Compostela
+34 881 997 570|+34 881 997 584  www.cidadedacultura.org|

luns, 27 de abril de 2020

VALSE


Vals azul ilustración del vector. Ilustración de anchorman - 65787545
O valse vienés orixinouse na rexión de Provenza (Francia) en 1559, e é recoñecido como o máis antigo de todos os bailes de salón. 
Foi o primeiro baile de parella agarrada aceptado nos salóns de baile, pois moitos consideraban inmoral que unha parella bailase enfrontada e agarrada, aínda que as clases baixas xa o viñan facendo nos seus bailes populares. 
Introducíuse en Inglaterra e fíxose popular ao longo do século XIX pola música de Josef e Johann Strauss.
Waltz GIF - Find & Share on GIPHYTrátase dun baile onde os bailaríns están xirando constantemente, ben no sentido horario  ou á inversa , ao mesmo tempo que se desprazan polo salón. Polo medio intercálanse pasos de cambio, que serven para invertir o sentido do xiro. Un verdadeiro valse vienés consiste só en xiros e pasos de cambio.
Postura erguida e elegante, cos pés xuntos e en paralelo. Pasos longos,  movementos en balanceo, sen mover cadeiras nin ombreiros. 
Lembrade facer primeiro o quecemento, despois o valse e, por último, a relaxación (seguide os vídeos na orde na que aparecen). A bailar!


luns, 20 de abril de 2020

PASODOBRE

Imaxe relacionadaE empezamos cos bailes de salón, que son aqueles que se bailan en parella de forma coordinada, axustándose a uns patróns establecidos que, asociados coa música, caracterizan os distintos bailes. Podemos establecer 2 modalidades: latinos e estándar. Entre os latinos temos o bolero, a rumba, o chachachá, a salsa, o merengue, a bachata, .. e entre os estándar figuran o pasodobre, o valse, o fox trot, o tango, ... Comezamos cos bailes estándar e, entre eles, polo baile máis español por excelencia, o PASODOBRE. Tocado en prazas de touros e verbenas populares, báilase alternando os pés, como se estivésemos desfilando. As figuras realízanse seguindo 8 pasos, imitando os movementos do toureiro. Oléééééé!!!Nestes tempos de confinamento resulta imposible bailar en parellas, así que imos adaptar os pasos para realizar un baile en grupo, que ben podemos practicar dende casa. ¿Preparados? Lembrade facer exercicios de quecemento antes de empezar, e estiramentos ao rematar, seguindo estes vídeos na orde na que aparecen a continuación. 









martes, 14 de abril de 2020

BAILES MODERNOS E DE SALÓN

Pois xa estamos na terceira avaliación. Como xa sabedes, cada trimestre está dedicado a un tipo de baile diferente:
     - 1º trimestre: Danzas do mundo
     - 2º trimestre: Baile galego tradicional
     - 3º trimestre: Bailes modernos e de salón
Así que nos toca aprender algúns pasos de bailes de salón. Como polo de agora non podemos achegarnos a ninguén para bailar en parella, faremos bailes en grupo, aprendendo os pasos en solitario seguindo un vídeo titorial. Cada semana practicaremos un baile diferente. Aproveitade estas sesións para movervos un pouco, xa que é moi importante manter unha vida activa agora que non podemos saír da casa.
Empezaremos cos exercicios de quecemento do principio da clase, para o que utilizaremos o primeiro vídeo, de 8 minutos de duración, con pasos de baile moderno e música dos 80: 80s warm up.
Para estirar os nosos músculos e voltar á calma despois de bailar, seguiremos as indicacións rítmicas do segundo vídeo, de 4 minutos e con música ben coñecida por todos vós: Cool down - Stretch.
De momento, ídevos afacendo a estes dous vídeos, xa que os usaremos en cada sesión antes e despois do baile que nos toque practicar cada semana. ¡A bailar!

luns, 30 de marzo de 2020

MUIÑEIRA 3

Xa tedes aprendidos os pasos básicos da muiñeira? Pois agora, combinando todos os pasos anteriores, imos aprender un punto cada semana con Luis Prego. Non ten máis ciencia que practicar e practicar. Veña bailadores ... lembrade darlle xeito e donaire!!!



luns, 23 de marzo de 2020

MUIÑEIRA 2

Nesta segunda semana de confinamento, non nos podemos esquecer da importancia que tén o mantérmonos activos, especialmente estes días que non podemos saír da casa. E que mellor maneira de facelo que bailando a muiñeira? Neste vídeo tedes algúns puntos básicos moi sinxelos de aprender. Cantos de vós sodes quen de facelos? Ei carballeira!!!


luns, 16 de marzo de 2020

BAILE GALEGO: MUIÑEIRA

Resultado de imaxes para: muiñeiraComo ven sabedes, a semana pasada iniciamos a aprendizaxe da muiñeira. A muiñeira é o baile solto máis representativo de Galicia. A súa orixe é moi discutida, aínda que se cre que o seu nome deriva de “muíño”, polo costume dos homes e mulleres de cantar e bailar cando ían moer o gran. Tamén se bailaba nas reunións que facían os vecinos da vila para pasar as longas tardes de inverno (seráns), momento no que se aproveitaba para fiar liño ou lá, bordar, contar historias, cantar, comer, … e pasalo ben. Outro lugar de baile era o adro da igrexa, antes ou despois da misa. Tamén se bailaba o día da festa do patrón.
A muiñeira consta de 3 partes diferenciadas:
Paseos: pequenos descansos entre puntos e voltas. Non sempre os hai.
Voltas: poden ser en roda ou en tablón. Correspóndese co “retrouso” ou refrán da música. 
Puntos: combinacións de pasos diferentes, con desprazamentos, xiros, cambios de pé, etc. Correspóndese coa “copla” da música.
Xeralmente altérnanse voltas e puntos. Durante as voltas os danzantes pódense ir desprazando para formar diferentes figuras (rodas, muíños, cruces, …). Polo medio pódense ir metendo ou non paseos ou descansos. Báilase na media punta e cos brazos levantados, aínda que hai momentos que se baixan (nos paseos).
Como estes días temos que quedar na casa, se vos apetece ir practicando un pouco, aquí vos deixo este vídes titorial para ir collendo algúns pasos básicos. 

venres, 13 de marzo de 2020

BAILE GALEGO TRADICIONAL: BAILES-XOGO

Como xa sabedes, o segundo trimestre do curso está dedicado ao baile tradicional galego. Dentro del, podemos distinguir 4 tipos de bailes:
     - bailes soltos: muiñeira e xota e variantes
     - baile agarrados: pasodobre, valse, mazurca, ...
     - danzas: bailes gremiais como a danza das fitas ou de espadas
     - bailes-xogo
Hoxe imos explicar en que consisten os bailes-xogo. Trátase de xogos populares acompañados de coplas para bailar, ou de bailes para xogar. A xente xuntábanse nas fiadas, ruadas, segas, mallas… e alí cantaban, bailaban e xogaban. Polo xeral, eran xogos de escoller parella rapidamente, e non resultaban moi complexos: podíanos bailar tanto grandes coma pequenos, sendo moitos destes xogos os mesmos que empregaban os máis cativos polo día. Ás veces o único requerimento do xogo era saber ben a letra e a melodía, así como saber bailar o agarrado.
Esta semana aprendemos "O bolero"  Un rapaz queda no medio facendo de “bolero” e o resto forman unha roda de parellas. Nun momento dado, as parellas desfanse e todos corren a buscar unha nova, que é cando aproveita o bolero para facerse con unha, co que outra persoa pasa ao medio, xa que hai un número impar de participantes. O proceso repítese ata que remata a canción, impoñéndolle unha pena simbólica ao que quedou como derradeiro “bolero”, facéndolle cóxegas entre todos.


O BOLERO MIX from CEIP Emilia Pardo Bazán on Vimeo.

O BOLERO MIX 2 from CEIP Emilia Pardo Bazán on Vimeo.

sábado, 29 de febreiro de 2020

OCEANÍA: NOVA ZELANDA - Tutira Mai Nga Iwi

Imaxe relacionadaCambiamos de continente e dirixímonos a Oceanía, as nosas antípodas, para visitar Nova Zelanda, patria dos maorís. Con eles aprenderemos algúns dos trazos máis significativos da súa cultura: as tatuaxes faciais, o rito do bico, as comidas, os animais exóticos e, como non, as súas danzas, como esta: "Tutira mai nga iwi", danza e canto tribal que proclama a unión e a fraternidade. É un canto moi coñecido nestas illas, cantado en todas as escolas e que mesmo os All Blacks interpretan. 

6 A - Tutira Mga Iwi from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - Tutira Mga Iwi from CEIP Emilia Pardo Bazán on Vimeo.

6 C - Tutira Mga Iwi from CEIP Emilia Pardo Bazán on Vimeo.

mércores, 19 de febreiro de 2020

ÁFRICA - CONGO: Olelé moliba makasi


Resultado de imagen de congo olelé moliba makasi
"Olelé moliba makasi" é unha canción de berce tradicional en lingua lingala da República Democrática do Congo. Tamén se utiliza para acompasar o movemento dos remos nas piraguas, xa que a letra di que a corrente é moi forte e anima a que remen con máis forza. Aquí represéntase como unha danza para invocar á choiva.


6 A - Olelé from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - Olelé from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - Olelé Moliba mkasi from CEIP Emilia Pardo Bazán on Vimeo.

sábado, 15 de febreiro de 2020

ÁFRICA - TANZANIA - Si Si Kumbalé

Imaxe relacionada
E continuamos a nosa andaina polo mundo visitando África, continente inmenso cheo de contrastes, onde atopamos esta preciosa canción popular: "Si Si kumbalé". Trátase dunha danza ritual para a colleita: primeiro os homes preparan a terra e despois as mulleres botan a semente e, entre todos, piden prosperidade e dan grazas á nai natureza. É importante lembrar que moitas tribos africanas dependían das colleitas para a súa supervivencia, polo que a maioría dos seus cantos e bailes eran ofrendas e rogos aos deuses para que favoreceran unha próspera recoleción.

6 A - Si si kumbalé from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - Si si kumbalé from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - Si si kumbalé from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

martes, 11 de febreiro de 2020

ASIA: CHINA - Danza dos abanos e antucas

Resultado de imagen de chinese girl with fan drawingDanza Chinesa dos Abanos e Antucas forma parte desta cultura dende hai máis de 2.000 anos e é considerada unha parte importante da súa tradición.  Está  interpretada só por mulleres, que realizan delicados e suaves movementos con pequenos abanos ou antucas de vistosas cores.  O abano é coñecido como "shanhan", pódese pregar e faise de seda e/ou plumas, aínda que existen outros fixos feitos en tea.Resultado de imaxes para chine dance of the fans drawingO baile ten varios propósitos: o primeiro é que axuda a relatar diferentes historias tradicionais que van pasando de xeración en xeración, polo que se pode ver en festivais e concursos que recrean elementos das raíces culturais de China. E tamén serve como entretemento, xa que o vistoso vestiario e os abanos de vivas cores convértena nun fermoso espectáculo, no que a graza dos movementos e a sincronización entre as bailarinas para crear figuras son tamén parte imprescindible da danzaPodemos atopar este tipo de danza en moitos países orientais como Xapón, Corea, Taiwan, ...

6 A - Danza das antucas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - Danza das antucas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

domingo, 9 de febreiro de 2020

ASIA: XAPÓN - Ena Bushi

Resultado de imaxes para rice harvest drawing
Mudamos de país e detémonos en Xapón e os seus costumes: os kimonos, o sushi, o sumo, as kokeshis ou bonecas xaponesas, a sakura ou cerdeiras en flor, o origami, a cerimonia do té, ... Aquí aprendemos o baile "Ena Bushi", unha escenificación da recollida do arroz. É unha danza masculina na que os rapaces representan con xestos as fases da recolleita deste cereal: primeiro arrican a planta, sacódena e botan o arroz nun saco, átano e cárgano ao lombo, amosan a documentación ao fisco e despois avanzan para descargar o saco, retrocedendo ao final e saudando para dar grazas pola colleita.


6 A - Ena Bushi from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - Ena Bushi from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

sábado, 1 de febreiro de 2020

ASIA: PAÍSES ÁRABES - Danza árabe

Imaxe relacionadaA danza nos países árabes comezou hai miles de anos, cando se lles atribuían poderes máxicos ás mulleres, que realizaban bailes rituais, quedando os homes excluídos destes ritos. Máis tarde, o Cristianismo pasou a dominar medio Oriente e prohibíu estas danzas por consideralas herexes. Posteriormente, a principios da Idade Media, instaurose o Islamismo, que erradicou a danza das rúas. Pero esta reaparece no século XVIII a través de grupos de esclavas retidas polos califas, que representaban así o seu poderío. Por este motivo, cotizábase a beleza e as habilidades das bailarinas: canto, poesía, recitación, baile, ... A vestimenta era tamén un elemento moi importante, pois levaban moitos adornos: brazaletes, colgantes, moedas e roupas de cores moi vivas e alegres. 


A música escollida para esta Danza Árabe é a composta por Tchaikovsky para o ballet O Crebanoces.
6 A - Danza árabe from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - Danza árabe from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - Danza árabe from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

mércores, 15 de xaneiro de 2020

ASIA: ISRAEL - Samoth

Resultado de imaxes para danza hebrea de pañuelos dibujoEsta semana visitamos Israel, onde aprendemos a danza titulada Samoth, de orixe hebrea. Na vida do pobo xudío, a danza é considerada dende os tempos bíblicos como unha expresión de alegría ou de pena, e forma parte das celebracións deste pobo. Así, os xudeus celebran a festa dos Tabernáculos ou Tendas ao final do verán: montan os seus campamentos en distintas zonas da cidade para conmemorar os tiempos en que eran nómades no deserto. Nestes campamentos organízanse festas e bailan as  súas danzas, como esta, Samoth, de ritmo pausado e melodía doada de interiorizar. En círculo, collidos das mans, os danzantes realizan cruzamentos e saltos cos pés, levando un pano branco na man como símbolo de fraternidade e pureza.


6A - Samoth from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6B - Samoth from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6C - Samoth from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.