venres, 30 de novembro de 2018

BRASIL - O Pezinho

Trasladámonos esta semana Brasil, onde aprendemos esta danza popular "O pezinho". Nunha roda de parellas, os danzantes van movendo coordinadamente a punta do pé ao ritmo de música, ao mesmo tempo que xogan coas parellas veciñas, para rematar bailando todos xuntos. Podemos atopar variantes desta danza en Galicia e Portugal, por influencia dos emigrantes que a levaron consigo.


6 A - O Pezinho from Rosa Fernández on Vimeo.

6 B - O Pezinho from Rosa Fernández on Vimeo.


6 C - O pezinho from Rosa Fernández on Vimeo.

luns, 26 de novembro de 2018

AMÉRICA - EEUU - Oh! Susannah

Cambiamos de continente e dirixímonos cara a América, concretamente aos Estados Unidos, terra de vaqueiros e cowboys. Aquí aprenderemos a danza "Oh! Susannah", canción escrita por Stephen Foster e publicada en febreiro de 1848. Baile tipicamente americano, asociado á Febre do Ouro, reproduce o espírito aventureiro dos buscadores de ouro: ten unha melodía moi viva e alegre, que vai acompañada por pasos de polca e figuras de ritmo rápido e áxil. 



6 A - Oh Susannah from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 B - Oh Susannah from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - Oh Susannah from Rosa Fernández on Vimeo.

mércores, 21 de novembro de 2018

MACEDONIA - Koce Berberot

E rematamos a nosa andaina polas danzas de Europa con Koce Berberot, baile tradicional de Macedonia. O seu ritmo vivo e alegre, a súa coreografía sinxela e os seus pasos animosos, fan dela un dos bailes máis interpretados nas festas e reunións familiares. A letra fala dun barbeiro que pasaba os días bailando e disfrutando da música.
Báilase en roda por un número ilimitado de danzantes que, collidos da man, desprázanse en círculo con movementos áxiles dos pés.


6 A - Koce Berberot from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - Koce Berberot from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - Koce Berberot from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

luns, 12 de novembro de 2018

GRECIA - Pera Stous Pera Kambous

E viaxamos a Grecia e alí aprendemos a danza "Pera Stous Pera Kambous". O título ven significar "Nas lonxanas chairas" e fala dun mosteiro ao que van as mozas a rezar. A danza ten un ritmo alegre, típicamente grego e báilase cos danzantes collidos polos ombreiros e facendo uns cruzamentos cos pés. 

6 A - Pera stous pera kambous from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - Pera stous pera kambous from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - Pera stous pera kambous from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

xoves, 1 de novembro de 2018

CENTROEUROPA - Danza da Fitas

Estamos ante unha danza case universal, no sentido de que podemos atopala en moitos países, non só de Europa, senón tamén do mundo enteiro: a Danza das Fitas. Nela, os danzantes van trenzando e destrenzando unhas fitas de cores ao redor dun pao adornado con flores. Tradicionalmente, bailábase para celebrar a chegada da primavera, da estación luz e do bo tempo. Os mozos da vila talaban unha árbore no bosque e quitábanlle as pólas e follas, para que as rapazas o adornaran con flores e fitas. Tamén elaboraban coroas de flores que, despois, levaban na cabeza. 
Esta que representamos aquí é propia de varios países de Centroeuropa: Alemaña, Suíza, Austria, Eslovaquia, República Checa, Francia, ..., aínda que tamén é bailada en moitas provincias de España, incluída Galicia. A diferencia entre as distintas zonas está no tipo de música empregada e nos pasos executados.
Salientar que se trata dunha danza de moi difícil execución, non polos pasos en si, senón polo propio proceso de trenzado e destrenzado das fitas, no que un só erro pode resultar fatal. 



6 A - Danza das fitas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 B - Danza das fitas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - Danza das fitas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.