venres, 26 de xaneiro de 2018

CHINA - DANZA CHINESA DOS ABANOS E ANTUCAS

Resultado de imagen de chinese girl with fan drawingDanza Chinesa dos Abanos e Antucas forma parte desta cultura dende hai máis de 2.000 anos e é considerada unha parte importante da súa tradición.  Está  interpretada só por mulleres, que realizan delicados e suaves movementos con pequenas antucas e abanos de vistosas cores.  O abano é coñecido com "shanhan" e faise de seda e/ou plumas, mentres que a antuca de papel aceite ou de tela úsase para preservar do sol o delicado e branco cute das chinesas, ademais de ser imprescindible nas vodas, xa que a noiva é cuberta cun parasol vermello para protexela dos malos espíritos. Sen embargo, os anciáns prefiren os parasoles de cor violeta que simbolizan a lonxevidade e, nun funeral, empréganse de cor branca. Hoxe en día, utilízanse paraugas de estilo occcidental para a choiva, e estas antucas tradicionais véndense como "souvenirs". Imagen relacionadaO baile ten varios propósitos: o primeiro é que axuda a relatar diferentes historias tradicionais que van pasando de xeración en xeración, polo que se pode ver en festivais e concursos que recrean elementos das raíces culturais de China. E tamén serve como entretemento, xa que o vistoso vestiario e os abanos e antucas de vivas cores convértena nun fermoso espectáculo, no que a graza dos movementos e a sincronización entre as bailarinas para crear figuras son tamén parte imprescindible da danza
Podemos atopar este tipo de danza en moitos países orientais como Xapón, Corea, Taiwan, ...
6 A - Danza dos abanos e paraugas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 B - Danza dos abanos e paraugas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - Danza dos abanos e antucas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

XAPÓN - Ena Bushi


Resultado de imaxes para rice harvest drawingMudamos de continente e detémonos en ASIA, onde visitamos Xapón e os seus costumes: os kimonos, o sushi, o sumo, as kokeshis ou bonecas xaponesas, as cerdeiras en flor, o origami, a cerimonia do té, ... Aquí aprendemos a danza "Ena Bushi", unha escenificación da recollida do arroz. É unha danza masculina na que os rapaces representan con xestos as fases da recolleita deste cereal: primeiro arrican a planta, despois botan o arroz nun saco, átano e cargan con el no lombo, amosan a documentación ao fisco e despois avanzan para descargar o saco, retrocedendo ao final e saudando para dar grazas pola colleita.


6 B - Ena Bushi from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - Ena Bushi from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

sábado, 20 de xaneiro de 2018

PAÍSES ANDINOS - CARNAVALITO



O Carnavalito é unha danza moi antiga, que se bailaba antes da chegada dos colonizadores españois. Anuncia a chegada das carnestolendas e cerra as festas despois do primeiro venres de Pascua. A súa importancia no só é festiva; polo xeral, as súas letras eran vellas composicións rimadas, portadoras de ensinanzas tradicionais e de historias de namorados. Os danzantes móvense en torno aos músicos ou en ringleira. Unha muller ou un home cun pano (ou banderín adornado con fitas) na man encárgase de dirixir, e forma figuras como a roda, dobre roda, serpentina, caracol, muíño, rúas, fileira libre, … É bailada en todos os páises andinos: Colombia, Perú, Bolivia, Arxentina, Chile, Venezuela, Ecuador, ...


6 A - CARNAVALITO from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - CARNAVALITO from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

venres, 19 de xaneiro de 2018

MÉXICO - A RASPA

A raspa é unha danza mexicana tradicional bastante enérxica e alegre, que é bailada e todas as festas e reunións familiares non só en México, senón tamén en innumerables países do resto do mundo. Intenta escenificar un coqueteo entre a parella, no que o home trata de seducir á muller co seu zapateo. O seu nome provén do son que fai o güiro, instrumento que se toca frotándoo cun raspador. As parellas reúnense nun gran círculo e tratan de imitar ese "raspeo" cos pés. 

6 A - A RASPA from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - A RASPA from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.