luns, 24 de setembro de 2018

DANZAS DO MUNDO - EUROPA: FRANCIA

Iniciamos o curso coas Danzas do Mundo, ás que lle dedicaremos todo o primeiro trimestre. Aprenderemos varias danzas do mundo divididas por continentes e países. Empezaremos no noso continente, Europa e, máis concretamente, en Francia
A primeira danza é o "Branle das ratas", típica de Morvan, lugar rodeado de montañas na Borgoña (centro de Francia). O branle ou bransle era un estilo de danza do século XVI na que o movemento principal é lateral, e que se bailaba en parellas ou nun grupo formando liñas ou rodas. Este en concreto bailábase golpeando fortemente o chan cos pés para espantar os ratos, especialmente nos fogares dos recén casados.
Aquí podedes ver 3 variacións desta danza, unha por grupo, aínda que os pasos son os mesmos.

6A - Branle das ratas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6B - Branle das ratas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6C - Branle das ratas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

domingo, 9 de setembro de 2018

OLA DE NOVO

O gran día achégase!!! Ide preparándovos porque, en nadiña, empezaremos a movernos ao ritmo dos bailes máis entretidos e divertidos. Estades listos????
Ide abrindo boca con este vídeo. Nel podedes ver as 3 actuacións do grupo ATTRACTION no concurso Britain´s got talent. Trátade de Danza de sombras. Tiñades oído falar dela? Pois mirade...