mércores, 29 de maio de 2019

BAILES DE SALÓN

Imaxe relacionadaE rematamos o curso cos bailes de salón, que son aqueles que se bailan en parella de forma coordinada seguindo o ritmo da música. Todos os movementos e interaccións da parella axústanse a uns patróns establecidos que, asociados coa música, caracterizan os distintos bailes. Podemos establecer 2 modalidades: latinos e estándar. Nos latinos, o baile é máis solto e marchoso; nos estándar, o baile faise máis pegado e dun xeito máis compacto e estirado. Entre os latinos temos o bolero, a rumba, o chachachá, o pasodobre, .. e entre os estándar figuran o valse, o fox trot, o tango, ...Comezamos polo baile máis español por excelencia, o PASODOBRE. Tocado en prazas de touros e verbenas populares, báilase alternando os pés, como se estivésemos desfilando. As figuras realízanse seguindo 8 pasos, imitando os movementos do toureiro (o rapaz sería o toureiro e a muller o capote). Ademais, temos que adoptar un aire altaneiro, ben estirados, sacando peito el e salerosa ela. Atentos ás evolucións, paseos, voltas e reviravoltas dos rapaces e rapazas ao ritmo de España Cañí... Oléééééé!!!





6A - PASODOBRE from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.


6B - PASODOBRE from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6C - PASODOBRE from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

venres, 17 de maio de 2019

FESTA DOS MAIOS


Imaxe relacionadaE chegou o tan esperado día: a nosa actuación de baile galego. O pasado xoves 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas no colexio coa Festa dos Maios. Trátase dun costume popular de orixes ancestrais no que se realizan diversas representacións arredor dunha "árbore" ou escultura chamada maio: bailes, recitado de coplas, ... O maio consiste nunha armazón de forma cónica ou piramidal que se vai cubrindo de follas, fiúncho, fentos, flores, bugallos, froitos e mesmo ovos. Hoxe en día tamén se constrúen maios coas figuras máis variadas: cruceiros, hórreos, animais, figuras humanas, ... 
Así, os alumnos/as de 6º recitamos unhas coplas e bailamos unha muiñera tradicional e unha muiñeira corrida arredor do maio. Aquí tedes o resultado de varios meses de esforzo...  Un día para a lembranza...

MUIÑEIRA 6º from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

MUIÑEIRA CORRIDA from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

mércores, 8 de maio de 2019

CONCERTO GRUPO DE GAITAS

Hoxe tivemos o privilexio de asistir a un concerto de música tradicional galega a cargo do Grupo de Gaitas do Centro Coreográfico Galego. Dun xeito moi ameno e divertido, aprendemos como son, como se fan e como soan os diferentes instrumentos tradicionais galegos: gaita, tamboril, tambor, tarrañolas, ocarina, requinta, pandeireta, pandeiro, acordeón, ... Asemade tamén vimos a diferenza entre os distintos tipos de ritmos: muiñeiras, xotas, alalás, pasodobres, alboradas, ... Disfrutamos tanto que mesmo nos atrevemos a bailar unha muiñeira todos xuntos ao final do concerto, xa que este trimestre estamos a aprendela e xa case somos profesionais.
Moitas grazas aos cinco excelentes músicos que nos transmitiron o seu amor pola música tradicional galega. E os nosos parabéns ao Centro Coreográfico Galego por brindarnos esta oportunidade de achegarnos ás nosas raíces, que esperamos repetir en cursos vindeiros.

luns, 6 de maio de 2019

MUIÑEIRA CORRIDA

Ímosvos amosar agora como se baila unha muiñeira corrida, orixinaria da zona de Bergantiños. Facemos unha roda de parellas e, durante a copla, todo o mundo baila un pasodobre agarrado. Cando cambia o ritmo, pasamos a bailar un galope de polca, dando 3 saltos cara o centro da roda e 3 cara a fóra. De ritmo vivo e alegre, bailábase moito en todas as festas, sendo considerada como un baile-xogo.


6 A - Muiñeira corrida from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.


6 B - Muiñeira corrida from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - Muiñeira corrida from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.