luns, 30 de setembro de 2019

EUROPA - FRANCIA: Le badoise



A medio camiño entre Francia e Bélxica, atopamos esta danza de xogo amoroso entre homes e mulleres: Le badoise. Báilase nunha rolda de parellas, con paso de marcha e xogo de mans, e cun pequeno intercambio verbal, no que o home rexeita á muller, polo que esta cambia de parella para probar sorte de novo. De música alegre e viva, resulta unha danza moi divertida e doada de bailar.

6 A - LE BADOISE from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - LE BADOISE from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - LE BADOISE (1) (1) from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

domingo, 22 de setembro de 2019

EUROPA - FRANCIA: Danza dos pastores

E seguimos en Francia, pero esta vez interpretaremos a Danza dos Pastores, orixinaria da Provenza. Conta unha lenda que nun pobo ao pé da montaña vivía un xove pastor chamado Dominique, quen todos os días subía ao cumio co seu rabaño de ovellas e alí se xuntaba con outros pastores dos pobos lindeiros. Un día sorprendeulles unha forte treboada, polo que tiveron que gorecerse nunha cova, onde estiveron horas e horas ás escuras. Tempo despois chegou outra tormenta, pero desta volta cada pastor levaba unha candea, polo que pasaron o tempo na cova bailando e cantando unha danza lenta á luz das súas candeas.
Trátase dunha danza circular na que cada danzante suxeita unha candea coa man dereita. O paso base é camiñando amodo, aínda que tamén se efectúa un paso punteado.
Nesta ocasión, só poderemos ver aos danzantes de 6ºA, xa que tiveron unha clase extra na primeira semana de curso, e os outros dous grupos non.




6 A - DANZA DOS PASTORES from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - Danza dos pastores from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

venres, 20 de setembro de 2019

EUROPA - FRANCIA: Branle das ratas

Como ben sabedes, no noso obradoiro de danza aprenderemos en 3 tipos de bailes diferentes, un en cada trimestre do curso:
     - Danzas do mundo
     - Baile galego tradicional
     - Bailes de salón
Así, iniciamos o curso coas Danzas do Mundo, visitando distintos lugares en cada continente.  Empezaremos en Europa e, máis concretamente, en Francia
A primeira danza é o "Branle das ratas", típica de Morvan, lugar rodeado de montañas na Borgoña (centro de Francia). O branle ou bransle era un estilo de danza do século XVI na que o movemento principal é lateral, e que se bailaba en parellas ou nun grupo formando liñas ou rodas. Este en concreto bailábase golpeando fortemente o chan cos pés para espantar os ratos, especialmente nos fogares dos recén casados.

6 A - BRANLE DAS RATAS from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - BRANLE DAS RATAS from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - BRANLE DAS RATAS from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

domingo, 15 de setembro de 2019

BENVIDOS

Comezamos un novo curso e,con el, a nosa asignatura de danza. Pero, que é a danza? onde e como naceu? Aquí tedes dous vídeos que vos darán resposta a estas dúas preguntas.
Benvidos danzantes!!!