domingo, 12 de febreiro de 2017

II XUNTARTE

E xa tivo lugar a II edición de Xuntarte, xuntos pola Arte. Trátase dun evento que conmemora o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia ao redor da danza, a música e o canto de diferentes países do mundo. Na edición deste ano participamos 8 centros educativos públicos da cidade da Coruña, e 440 alumnos e alumnas, actuando o noso cole como organizador. O éxito foi abrumador. A variedade, orixinalidade e calidade interpretativa resultou espectacular.
Aquí tedes a nosa aportación: "Morris dance". É unha danza británica moi antiga que se bailaba para conmemorar a chegada do bo tempo despois do longo inverno e celebrar así o "May Day". Por iso, as mozas recollían flores e facían coroas, arcos e todo tipo de adornos que despois utilizaban para bailar. Tamén escollían a Raíña de Maio, á que dedicaban os diferentes bailes que facían: con paos, con arcos, con panos, ...
Parabéns a todos os participantes polo excelente resultado!!!


SDV 0014 from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.