sábado, 21 de decembro de 2019

AMÉRICA: EEUU - Jingle bells

Imaxe relacionada
“Jingle Bells» é unha das cancións tradicionais de inverno máis coñecidas e cantadas en todo o mundo. Foi escrita no século XIX polo compositor estadounidense James Pierpont. A pesar de estar íntimamente conectada ao Nadal, non é específicamente unha panxoliña, xa que non se menciona na letra, senón que trata sobre un paseo en trineo tirado por cabalos nun día de neve, de ahí que os pasos da danza lembren o galope deste animais.  Os danzantes dispóñense nun círculo de parellas, agarrados das mans, e realizan o paso de polca piqué e o galope lateral. 

Con esta danza despedímonos ata xaneiro, cando voltaremos con máis Danzas do Mundo. Bo Nadal a todos e todas!!!! E bailade moito nestas festas!!!!





6A - Jingle bells from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6B - Jingle bells from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6C - Jingle bells from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

xoves, 12 de decembro de 2019

AMÉRICA: PAÍSES ANDINOS - Carnavalito

Carnavalito é unha danza moi antiga, bailaba en todos os páises andinos (Colombia, Perú, Bolivia, Arxentina, Chile, Venezuela, Ecuador) antes da chegada dos colonizadores españois. Anuncia a chegada das carnestolendas e cerra as festas despois do primeiro venres de Pascua. A súa importancia non só é festiva; polo xeral, as súas letras eran vellas composicións rimadas, portadoras de ensinanzas tradicionais e de historias de namorados. 
Os danzantes móvense en torno aos músicos ou en ringleira. Unha muller ou un home cun pano (ou banderín adornado con fitas) na man encárgase de dirixir, e forma figuras como a roda, dobre roda, serpentina, caracol, muíño, rúas, fileira libre, … 

6A - Carnavalito from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6B - Carnavalito from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6C - Carnavalito from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

martes, 10 de decembro de 2019

AMÉRICA: MÉXICO - A raspa

Resultado de imaxes para mexicans dancing for kids
A raspa é unha danza mexicana tradicional, bastante enérxica e alegre, que é bailada e todas as festas e reunións familiares non só en México, senón tamén en innumerables países do resto do mundo. Intenta escenificar un coqueteo entre a parella, no que o home trata de seducir á muller co seu zapateo. O seu nome provén do son que fai o güiro, instrumento que se toca frotándoo cun raspador. As parellas reúnense nun gran círculo e tratan de imitar ese "raspeo" cos pés.

6A - A raspa from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6B - A raspa from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6C - A raspa from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

xoves, 5 de decembro de 2019

AMÉRICA: EEUU - Oh! Susannah

Resultado de imaxes para cowboys and gold rush for kidsCambiamos de continente e dirixímonos cara a América, concretamente aos Estados Unidos, terra de vaqueiros ou cowboys. Aquí aprenderemos a danza "Oh! Susannah", canción escrita por Stephen Foster e publicada en febreiro de 1848. Baile tipicamente americano, asociado á Febre do Ouro, reproduce o espírito aventureiro dos buscadores de ouro: ten unha melodía moi viva e alegre, que vai acompañada por pasos de polca e figuras de ritmo rápido e áxil. 


6A - Oh Sussanah from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.


6B - Oh Susannah from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6C - Oh Susannah from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

mércores, 20 de novembro de 2019

CENTROEUROPA: Danza das fitas

Estamos ante unha danza que podemos atopar en moitos países, non só de Europa, senón tamén do mundo enteiro: a Danza das Fitas. Nela, os danzantes van trenzando e destrenzando unhas cintas de cores ao redor dun pao. Tradicionalmente, bailábase para celebrar a chegada da primavera, da estación luz e do bo tempo. Os mozos da vila cortaban unha árbore no bosque e quitábanlle as pólas e follas, antes de adornala con flores e fitas. Tamén elaboraban coroas de flores que, despois, levaban na cabeza. 
Esta que representamos aquí é propia de varios países de Centroeuropa: Alemaña, Suíza, Austria, Eslovaquia, República Checa, Francia, ..., aínda que tamén é bailada en moitas provincias de España, incluída Galicia. A diferenza entre as distintas zonas está no tipo de música empregada e nos pasos bailados.
Salientar que se trata dunha danza de moi difícil execución, non polos pasos en si, senón polo propio proceso de trenzado e destrenzado das fitas, no que un só erro pode resultar fatal. 


6A - Danza das fitas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6B- Danza das fitas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6C - Danza das fitas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

sábado, 26 de outubro de 2019

EUROPA: GRECIA - Pera stous pera kambous

Imaxe relacionadaE viaxamos a Grecia e alí aprendemos a danza "Pera Stous Pera Kambous". O título ven significar "Nas lonxanas chairas" e fala dun mosteiro ao que van as mozas a rezar. A danza ten un ritmo alegre, típicamente grego e báilase cos danzantes collidos polos ombreiros e facendo uns cruzamentos cos pés. 

6 A - Pera stous pera kambous from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6B - Pera stous pera kambous from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6C - Pera stous pera kambous from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

xoves, 24 de outubro de 2019

EUROPA. MACEDONIA - Koce Berberot

Continuamos a nosa andaina por Europa con Koce Berberot, baile tradicional de Macedonia. O seu ritmo vivo e alegre, a súa coreografía sinxela e os seus pasos animosos, fan del un dos bailes máis interpretados nas festas e reunións familiares. 
A letra fala dun barbeiro que viaxaba de aldea en aldea para exercer o seu oficio e, ao remate do traballo, ensinaba esta bonita canción acompañándoa de graciosos pasos.
Báilase en roda por un número ilimitado de danzantes que, collidos da man, desprázanse en círculo con movementos áxiles dos pés.

6 A - Koce berberot from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.


6 B - Koce berberot from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 C - Koce berberot from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

xoves, 17 de outubro de 2019

EUROPA: IRLANDA - Cumberland Reel

E desprazámonos desta volta a Irlanda, para realizar unha danza de corte chamada Cumberland Reel. Colocados en filas enfrontadas de homes e mulleres, en 3 grupos de 4 parellas cada un, os danzantes van desprazándose polo salón de baile realizando diversas figuras: muíños, corredores, pontes, ... Cabe destacar o porte alegre e sempre elegante deste baile. 

6 A - CUMBERLAND REEL from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.


6 B - CUMBERLAND REEL from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 C - CUMBERLAND REEL from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

domingo, 6 de outubro de 2019

EUROPA: INGLATERRA - Portsmouth

Desprazámonos esta semana ao Reino Unido, concretamente a unha cidade costeira do sur de Inglaterra chamada Portsmouth, que lle dá nome a esta danza. Sede da Mariña Real Británica nos séculos XVII e XVIII, era unha vila internacional onde confluían xentes de moitos lugares do mundo, nun intercambio de razas, culturas e tradicións. Así, para promover ese intercambio, celebrábanse moitas festas nas que se comía e tamén se bailaba. Unha das danzas máis celebradas era esta que aprendemos hoxe. Dispostos en dúas filas, os danzantes fan unha serie de movementos para presentarse e coñecer á súa parella, ao ritmo da música de Mike Oldfield.
Ladies and gentlemen... "Portsmouth"!!!

6 A - PORTSMOUTH from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - PORSTMOUTH from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - PORTSMOUTH from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

luns, 30 de setembro de 2019

EUROPA - FRANCIA: Le badoise



A medio camiño entre Francia e Bélxica, atopamos esta danza de xogo amoroso entre homes e mulleres: Le badoise. Báilase nunha rolda de parellas, con paso de marcha e xogo de mans, e cun pequeno intercambio verbal, no que o home rexeita á muller, polo que esta cambia de parella para probar sorte de novo. De música alegre e viva, resulta unha danza moi divertida e doada de bailar.

6 A - LE BADOISE from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - LE BADOISE from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - LE BADOISE (1) (1) from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

domingo, 22 de setembro de 2019

EUROPA - FRANCIA: Danza dos pastores

E seguimos en Francia, pero esta vez interpretaremos a Danza dos Pastores, orixinaria da Provenza. Conta unha lenda que nun pobo ao pé da montaña vivía un xove pastor chamado Dominique, quen todos os días subía ao cumio co seu rabaño de ovellas e alí se xuntaba con outros pastores dos pobos lindeiros. Un día sorprendeulles unha forte treboada, polo que tiveron que gorecerse nunha cova, onde estiveron horas e horas ás escuras. Tempo despois chegou outra tormenta, pero desta volta cada pastor levaba unha candea, polo que pasaron o tempo na cova bailando e cantando unha danza lenta á luz das súas candeas.
Trátase dunha danza circular na que cada danzante suxeita unha candea coa man dereita. O paso base é camiñando amodo, aínda que tamén se efectúa un paso punteado.
Nesta ocasión, só poderemos ver aos danzantes de 6ºA, xa que tiveron unha clase extra na primeira semana de curso, e os outros dous grupos non.




6 A - DANZA DOS PASTORES from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - Danza dos pastores from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

venres, 20 de setembro de 2019

EUROPA - FRANCIA: Branle das ratas

Como ben sabedes, no noso obradoiro de danza aprenderemos en 3 tipos de bailes diferentes, un en cada trimestre do curso:
     - Danzas do mundo
     - Baile galego tradicional
     - Bailes de salón
Así, iniciamos o curso coas Danzas do Mundo, visitando distintos lugares en cada continente.  Empezaremos en Europa e, máis concretamente, en Francia
A primeira danza é o "Branle das ratas", típica de Morvan, lugar rodeado de montañas na Borgoña (centro de Francia). O branle ou bransle era un estilo de danza do século XVI na que o movemento principal é lateral, e que se bailaba en parellas ou nun grupo formando liñas ou rodas. Este en concreto bailábase golpeando fortemente o chan cos pés para espantar os ratos, especialmente nos fogares dos recén casados.

6 A - BRANLE DAS RATAS from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - BRANLE DAS RATAS from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - BRANLE DAS RATAS from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

domingo, 15 de setembro de 2019

BENVIDOS

Comezamos un novo curso e,con el, a nosa asignatura de danza. Pero, que é a danza? onde e como naceu? Aquí tedes dous vídeos que vos darán resposta a estas dúas preguntas.
Benvidos danzantes!!!


venres, 21 de xuño de 2019

ATA SEMPRE

Imaxe relacionada
E todo chega á súa fin. É tempo de despedidas e lembranzas. Espero que dsifrutarades tanto coma min nas nosas clases de danza.
Aproveitade o verán e as súas verbenas para practicar todos os bailes aprendidos e, sobre todo, para descansar e disfrutar.
Ata sempre!!!!

domingo, 16 de xuño de 2019

CHA-CHA-CHÁ

O chachachá é un baile de salón de orixe latina que debe o seu nome ao son que fan os pés dos bailaríns ao rozar o chan en tres pasos rápidos, co obxecto de acentuar o ritmo da melodía. O compás musical do chachachá é de 2x2, pero no baile ten 4 tempos e báilase con 2 pasos lentos e 3 rápidos. Para bailalo, hai que poñer sensualidade, movemento de cadeiras e un pouquichiño de picardía.

Figuras nivel básico:
  • Paso Base
  • Lateral
  • Hand to hand
  • Media Lúa

6A - CHACHACHÁ from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6B -CHACHACHÁ from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

mércores, 29 de maio de 2019

BAILES DE SALÓN

Imaxe relacionadaE rematamos o curso cos bailes de salón, que son aqueles que se bailan en parella de forma coordinada seguindo o ritmo da música. Todos os movementos e interaccións da parella axústanse a uns patróns establecidos que, asociados coa música, caracterizan os distintos bailes. Podemos establecer 2 modalidades: latinos e estándar. Nos latinos, o baile é máis solto e marchoso; nos estándar, o baile faise máis pegado e dun xeito máis compacto e estirado. Entre os latinos temos o bolero, a rumba, o chachachá, o pasodobre, .. e entre os estándar figuran o valse, o fox trot, o tango, ...Comezamos polo baile máis español por excelencia, o PASODOBRE. Tocado en prazas de touros e verbenas populares, báilase alternando os pés, como se estivésemos desfilando. As figuras realízanse seguindo 8 pasos, imitando os movementos do toureiro (o rapaz sería o toureiro e a muller o capote). Ademais, temos que adoptar un aire altaneiro, ben estirados, sacando peito el e salerosa ela. Atentos ás evolucións, paseos, voltas e reviravoltas dos rapaces e rapazas ao ritmo de España Cañí... Oléééééé!!!





6A - PASODOBRE from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.


6B - PASODOBRE from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6C - PASODOBRE from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

venres, 17 de maio de 2019

FESTA DOS MAIOS


Imaxe relacionadaE chegou o tan esperado día: a nosa actuación de baile galego. O pasado xoves 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas no colexio coa Festa dos Maios. Trátase dun costume popular de orixes ancestrais no que se realizan diversas representacións arredor dunha "árbore" ou escultura chamada maio: bailes, recitado de coplas, ... O maio consiste nunha armazón de forma cónica ou piramidal que se vai cubrindo de follas, fiúncho, fentos, flores, bugallos, froitos e mesmo ovos. Hoxe en día tamén se constrúen maios coas figuras máis variadas: cruceiros, hórreos, animais, figuras humanas, ... 
Así, os alumnos/as de 6º recitamos unhas coplas e bailamos unha muiñera tradicional e unha muiñeira corrida arredor do maio. Aquí tedes o resultado de varios meses de esforzo...  Un día para a lembranza...

MUIÑEIRA 6º from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

MUIÑEIRA CORRIDA from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

mércores, 8 de maio de 2019

CONCERTO GRUPO DE GAITAS

Hoxe tivemos o privilexio de asistir a un concerto de música tradicional galega a cargo do Grupo de Gaitas do Centro Coreográfico Galego. Dun xeito moi ameno e divertido, aprendemos como son, como se fan e como soan os diferentes instrumentos tradicionais galegos: gaita, tamboril, tambor, tarrañolas, ocarina, requinta, pandeireta, pandeiro, acordeón, ... Asemade tamén vimos a diferenza entre os distintos tipos de ritmos: muiñeiras, xotas, alalás, pasodobres, alboradas, ... Disfrutamos tanto que mesmo nos atrevemos a bailar unha muiñeira todos xuntos ao final do concerto, xa que este trimestre estamos a aprendela e xa case somos profesionais.
Moitas grazas aos cinco excelentes músicos que nos transmitiron o seu amor pola música tradicional galega. E os nosos parabéns ao Centro Coreográfico Galego por brindarnos esta oportunidade de achegarnos ás nosas raíces, que esperamos repetir en cursos vindeiros.

luns, 6 de maio de 2019

MUIÑEIRA CORRIDA

Ímosvos amosar agora como se baila unha muiñeira corrida, orixinaria da zona de Bergantiños. Facemos unha roda de parellas e, durante a copla, todo o mundo baila un pasodobre agarrado. Cando cambia o ritmo, pasamos a bailar un galope de polca, dando 3 saltos cara o centro da roda e 3 cara a fóra. De ritmo vivo e alegre, bailábase moito en todas as festas, sendo considerada como un baile-xogo.


6 A - Muiñeira corrida from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.


6 B - Muiñeira corrida from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - Muiñeira corrida from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

martes, 16 de abril de 2019

BAILES-XOGO: O señor da serra

Hoxe tócalle o turno ao baile-xogo  "O señor da serra", ideado coma un trabalinguas para practicar o son "r" fortecolócanse os participantes en 2 ringleiras, uns fronte aos outros, collidos das mans, e comezan a bailar imitando o vaivén dunha serra. Cando remata a parte cantada, fan un túnel colléndose das mans, e van entrando nel parella a parella, continuando ata que pasen todos.


O SEÑOR DA SERRA - 6 A from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

O SEÑOR DA SERRA - 6 B from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

O SEÑOR DA SERRA - 6 C from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

sábado, 23 de marzo de 2019

BAILE GALEGO: BAILES-XOGO: O bolero

Como xa sabedes, o segundo trimestre do curso está dedicado ao baile tradicional galego. Dentro del, podemos distinguir 4 tipos de bailes:
     - bailes soltos: muiñeira e xota e variantes
     - baile agarrados: pasodobre, valse, mazurca, ...
     - danzas: bailes gremiais como a danza das fitas ou de espadas
     - bailes-xogo
Hoxe imos explicar en que consisten os bailes-xogo. Trátase de xogos populares acompañados de coplas para bailar, ou de bailes para xogar. A gran cantidade de xogos e divertimentos que tiñan os nosos antepasados conforman unha parte moi importante da nosa cultura oral. Xuntábanse nas fiadas, ruadas, segas, mallas… e alí cantaban, bailaban e xogaban. Non se trataba de xogos restrinxidos aos máis cativos que asistían, que eran os menos, senón que eran xogos abertos a tódolos presentes. Polo xeral, eran xogos de escoller parella rapidamente, cos que se buscaba esa complicidade coa persoa desexada ou simplemente pasar un anaco divertido na compaña dos outros. Os xogos non resultaban moi complexos e podíanos bailar tanto grandes coma pequenos, sendo moitos destes xogos os mesmos que empregaban os máis cativos polo día. Ás veces o único requerimento do xogo era saber ben a letra e a melodía, así como saber bailar o agarrado.
Esta semana aprendemos "O bolero"  Un rapaz queda no medio facendo de “bolero” e o resto forman unha roda de parellas. Nun momento dado, as parellas desfanse e todos corren a buscar unha nova, que é cando aproveita o bolero para facerse con unha, co que outra persoa pasa ao medio, xa que hai un número impar de participantes. O proceso repítese ata que remata a canción, impoñéndolle unha pena simbólica ao que quedou como derradeiro “bolero”, facéndolle cóxegas entre todos.
6 A - Bolero from Rosa Fernández on Vimeo.
6 B - Bolero from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

BOLERO 6 C from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

mércores, 6 de marzo de 2019

OCEANÍA - HAKA


Resultado de imaxes para HAKAE non podemos abandonar Oceanía sen antes aprender unha das súas danzas máis famosas internacionalmente: o Haka. Haka é un termo que serve para definir calquera danza maorí, pero soe ser utilizado para referirse  á danza de guerra tribal maorí. Non obstante, adoita ser unha danza de benvida e é signo de hospitalidade, pero tamén un método de intimidación antes da loita.


O haka é unha demostración feroz do orgullo, a forza e a unidade dunha tribo. Para iso, dan golpes violentos cos pés, sacan a lingua de xeito protuberante e dan palmadas rítmicas no corpo acompañando un canto forte. As palabras do haka soen describir poeticamente os ancestros e os sucesos da historia da tribo.
Hoxe en día segue a usarse o haka nas cerimonias e celebracións maoríes para honrar aos invitados e amosar a importancia da ocasión. Pero tamén se usa para desafiar aos opoñentes no campo de deportes. Probablemente teñades visto aos All Blacks de Nova Zelanda facendo o haka antes dun partido de rugby e ... é aterrador, non si?

6 A - Haka from Rosa Fernández on Vimeo.

6 B - Haka from Rosa Fernández on Vimeo.

6 C - Haka from Rosa Fernández on Vimeo.

POLINESIA - Te vaine marea

Imaxe relacionada


Seguimos neste exótico continente, cheo de illas e espazos naturais únicos, como a Polinesia, onde aprenderemos unha danza titulada "Te vaine marea", na que un grupo de nenos, sentados na praia, conta a súa viaxe en canoa polo río. 
Atentos á instrumentación musical, que nos evoca palmeiras, praias tropicais, augas transparentes, colares de flores, ... 




6 A - Te vaine marea from Rosa Fernández on Vimeo.
6 B - Te vaine marea from Rosa Fernández on Vimeo.

6 C - Te vaine marea from Rosa Fernández on Vimeo.

xoves, 21 de febreiro de 2019

OCEANÍA - NOVA ZELANDA - Tutira Mai Nga Iwi

Imaxe relacionadaCambiamos de continente e visitamos Oceanía, as nosas antípodas. Pararemos pimeiro en Nova Zelanda, patria dos maorís. Con eles aprenderemos algúns dos trazos máis significatrivos da súa cultura: as tatuaxes faciais, o rito do bico, as comidas, os animais exóticos e , como non, as súas danzas, como esta: "Tutira mai nga iwi", danza e canto tribal que proclama a unión e a fraternidade. É un canto moi coñecido nestas illas, cantado en todas as escolas e que mesmo os All Blacks interpretan. Aquí tedes a letra:

Tūtira mai ngā iwi,
tātou tātou e
Tūtira mai ngā iwi,
tātou tātou e
Whai-a te marama-tanga,
me te aroha - e ngā iwi!
Ki-a ko tapa tahi,
Ki-a ko-tahi rā
Tātou tātou e
(Repeat)
Tā-tou tā-tou e E!!
Hi aue hei !!!



6 A - Tutira Mai Nga Iwi from Rosa Fernández on Vimeo.
6 B - Tutira Mai Nga Iwi from Rosa Fernández on Vimeo.

6 C - Tutira Mai Nga Iwi from Rosa Fernández on Vimeo.

sábado, 16 de febreiro de 2019

GHANA: Si ma ma ka

África é un continente heteroxéneo, cunha gran diversidade étnica e cultural, como así o demostra as 52 nacións independentes das que consta, que ademais falan unhas mil linguas diferentes. Esta diversidade tamén pode ser apreciada na súa música e danza que, nembargantes, conta cunha serie de características comúns:
- Está relacionada cos acontecementos cotiás e, polo tanto, está presente en todas as actividades e cerimonias, mesmo no traballo.
- É compartida por todos os membros da comunidade, que non se limitan só a escoitar, senón que participan dela cantando, bailando e tocando instrumentos. 
- É de tradición oral, transmitíndose de xeración en xeración.
- Está en constante evolución, aínda que conserva as súas raíces e tradicións.
- Gran parte da música é case inseparable da danza, sendo polo tanto moi rítmica.

Un bo exemplo disto é a melodía SI MA MA KA, tradicional de Ghana. Nesta ocasión, os nosos alumnos e alumnas terán de demostrar os seus coñecementos inventando movementos axeitados para ela, tratando de conservar as características das danzas rituais africanas.



6 A - Si ma ma ka from Rosa Fernández on Vimeo.
6 B - Si ma ma ka from Rosa Fernández on Vimeo.

6 C - Si ma ma ka from Rosa Fernández on Vimeo.

venres, 8 de febreiro de 2019

CONGO - Olelé moliba makasi"


"Olelé moliba makasi" é unha canción de berce tradicional en lingua lingala da República Democrática do Congo. Tamén se utiliza para acompasar o movemento dos remos nas piraguas, xa que a letra di que a corrente é moi forte e anima a que remen con máis forza. Aquí represéntase como unha danza para invocar á choiva.
6 A - Olelé from Rosa Fernández on Vimeo.

6 B - Olelé from Rosa Fernández on Vimeo.


6 C - Olelé from Rosa Fernández on Vimeo.

ÁFRICA - TANZANIA - Si Si Kumbalé

Imaxe relacionada
E rematamos a nosa andaina polo mundo visitando África, continente inmenso cheo de contrastes, onde atopamos esta preciosa canción popular: "Si Si kumbalé". Trátase dunha danza ritual para a colleita: primeiro os homes preparan a terra e despois as mulleres botan a semente e, entre todos, piden prosperidade e dan grazas á terra. É importante lembrar que moitas tribos africanas dependían das colleitas para a súa supervivencia, polo que a maioría dos seus cantos e bailes eran ofrendas e rogos aos deuses e aos elementos da natureza para que favoreceran unha próspera recoleción.




6 A - Si Si Kumbalé from Rosa Fernández on Vimeo.

6 B - Si Si Kumbalé from Rosa Fernández on Vimeo.

6 C - Si Si Kumbalé from Rosa Fernández on Vimeo.

sábado, 2 de febreiro de 2019

XUNTARTE 2019

Un ano máis, o noso centro participou no festival Xuntarte, que este ano se celebrou no centro Ágora onte, 1 de febreiro de 2019. Como xa sabedes, é unha celebración da música, canto e danza de diferentes países do mundo co gallo do Día da Paz. Nesta ocasión, 8 centros públicos da cidade encargáronse de presentar as súas interpretacións. O noso colexio participou coa canción africana "Si si kumbalé", acompañada dunha danza de sementeira que simboliza os pasos que se dan neste proceso: preparación da terra, semente e pregaria aos deuses para unha boa colleita. Asemade, 3 parellas de 4º de Primaria representaron ao cole nas danzas comúns, interpretadas por representantes de todos os centros participantes.
Aquí tedes un pequeno recordo deste día.



20190201_193551 from Rosa Fernández on Vimeo.

venres, 1 de febreiro de 2019

ISRAEL - Samoth

Resultado de imaxes para danza hebrea de pañuelos dibujoEsta semana visitamos Israel, onde aprendemos a danza titulada Samoth, de orixe hebrea. Na vida do pobo xudío, a danza é considerada dende os tempos bíblicos como unha expresión de alegría ou de pena, e forma parte das celebracións deste pobo. Así, os xudeus celebran a festa dos Tabernáculos ou Tendas ao final do verán: montan os seus campamentos en distintas zonas da cidade para conmemorar os tiempos bíblicos en que eran nómades no deserto. Nestes campamentos organízanse festas e bailan as  súas danzas , como esta , Samoth, de ritmo pausado e melodía doada de interiorizar.
6 A - Samoth from Rosa Fernández on Vimeo.
6 B - Samoth from Rosa Fernández on Vimeo.
6 C - Samoth from Rosa Fernández on Vimeo.

domingo, 27 de xaneiro de 2019

PAÍSES ÁRABES - Danza árabe

Imaxe relacionadaA danza nos países árabes comezou hai miles de anos, cando se lles atribuían poderes máxicos ás mulleres, que realizaban bailes rituais, quedando os homes excluídos destes ritos. Máis tarde, o Cristianismo pasou a dominar medio Oriente e prohibíu estas danzas por consideralas herexes. Posteriormente, a principios da Idade Media, instaurose o Islamismo, que erradicou a danza das rúas. Pero esta reaparece no século XVIII a través de grupos de esclavas retidas polos califas, que representaban así o seu poderío. Por este motivo, cotizábase a beleza e as habilidades das bailarinas: canto, poesía, recitación, baile, ... A vestimenta era tamén un elemento moi importante, pois levaban moitos adornos: brazaletes, colgantes, moedas e roupas de cores moi vivas e alegres. 


A música escollida para esta Danza Árabe é a composta por Tchaikovsky para o ballet O Crebanoces.




6 A - Danza árabe from Rosa Fernández on Vimeo.

6 B - Danza árabe from Rosa Fernández on Vimeo.

6 C - Danza árabe from Rosa Fernández on Vimeo.

luns, 14 de xaneiro de 2019

CHINA: Danza dos abanos

Resultado de imagen de chinese girl with fan drawingDanza Chinesa dos Abanos forma parte desta cultura dende hai máis de 2.000 anos e é considerada unha parte importante da súa tradición.  Está  interpretada só por mulleres, que realizan delicados e suaves movementos con pequenos abanos de vistosas cores.  O abano é coñecido como "shanhan", pódese pregar e faise de seda e/ou plumas, aínda que existen outros fixos feitos en tea.Resultado de imaxes para chine dance of the fans drawingO baile ten varios propósitos: o primeiro é que axuda a relatar diferentes historias tradicionais que van pasando de xeración en xeración, polo que se pode ver en festivais e concursos que recrean elementos das raíces culturais de China. E tamén serve como entretemento, xa que o vistoso vestiario e os abanos de vivas cores convértena nun fermoso espectáculo, no que a graza dos movementos e a sincronización entre as bailarinas para crear figuras son tamén parte imprescindible da danzaPodemos atopar este tipo de danza en moitos países orientais como Xapón, Corea, Taiwan, ...

6 A - Danza dos abanos from Rosa Fernández on Vimeo.

6 B - Danza dos abanos from Rosa Fernández on Vimeo.

6 C - Danza dos abanos from Rosa Fernández on Vimeo.

ASIA: XAPÓN - Ena Bushi

Resultado de imaxes para rice harvest drawing
Mudamos de continente e detémonos en ASIA, onde visitamos Xapón e os seus costumes: os kimonos, o sushi, o sumo, as kokeshis ou bonecas xaponesas, as cerdeiras en flor, o origami, a cerimonia do té, ... Aquí aprendemos o baile "Ena Bushi", unha escenificación da recollida do arroz. É unha danza masculina na que os rapaces representan con xestos as fases da recolleita deste cereal: primeiro arrican a planta, sacódena e botan o arroz nun saco, átano e cárgano ao lombo, amosan a documentación ao fisco e despois avanzan para descargar o saco, retrocedendo ao final e saudando para dar grazas pola colleita.



6 A - Ena Bushi from Rosa Fernández on Vimeo.
6 B - Ena Bushi from Rosa Fernández on Vimeo.

6 C - Ena Bushi from Rosa Fernández on Vimeo.