martes, 28 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA DANZA

Internacional Danza : Feliz Internacional Danza NexSomosTodos ...Hoxe, 29 de abril, celébrase o Día Internacional da Danza. Por este motivo, a Cidade da Cultura de Galicia organiza esta actividade que pode ser do voso interese. Trátase dunha ficha-reto para ver a historia da danza a través da pintura e, ademais, anímanvos a participar cun vídeo bailando. Tedes aquí o texto íntegro do correo electrónico que nos enviaron. Animádevos!!!
E para celebrar esta día, aquí tedes un vídeo do que se pode facer a través da danza: Danza de sombras (preme AQUÍ).
Feliz Día da Danza a todos e todas!

Bo día,
Para celebrar o Día da Danza elaboramos unha ficha didáctica para o seu alumnado de primaria.
Coa axuda da Raposa Fedella, presentamos un percorrido no que viaxaremos desde o neolítico, ao antigo Exipto, á Idade Media ata actualidade; nunha travesía na que  hai que resolver enigmas, descifrar un xeroglífico... para descubrir a fascinante historia da danza a través da pintura.
Ademais, convidamos á cativada a mandar  un vídeo bailando ó seguinte correo electrónico:  onlinecidadedacultura@gmail.com (ata o venres 01 de maio para editalo e crear unha peza conxunta)
Prema no seguinte enlace para acceder á ficha:
 Agardamos que esta actividade sexa do seu interese.
 Para calquera consulta ou comentario non dubide en contar con nós.
 Un agarimoso saúdo,
 Servizo de Educación, Mediación, Información e Asistencia ao Público
Fundación Cidade da Cultura de Galicia| Museo Centro Gaiás| Monte Gaiás| 15707 Santiago de Compostela
+34 881 997 570|+34 881 997 584  www.cidadedacultura.org|

luns, 27 de abril de 2020

VALSE


Vals azul ilustración del vector. Ilustración de anchorman - 65787545
O valse vienés orixinouse na rexión de Provenza (Francia) en 1559, e é recoñecido como o máis antigo de todos os bailes de salón. 
Foi o primeiro baile de parella agarrada aceptado nos salóns de baile, pois moitos consideraban inmoral que unha parella bailase enfrontada e agarrada, aínda que as clases baixas xa o viñan facendo nos seus bailes populares. 
Introducíuse en Inglaterra e fíxose popular ao longo do século XIX pola música de Josef e Johann Strauss.
Waltz GIF - Find & Share on GIPHYTrátase dun baile onde os bailaríns están xirando constantemente, ben no sentido horario  ou á inversa , ao mesmo tempo que se desprazan polo salón. Polo medio intercálanse pasos de cambio, que serven para invertir o sentido do xiro. Un verdadeiro valse vienés consiste só en xiros e pasos de cambio.
Postura erguida e elegante, cos pés xuntos e en paralelo. Pasos longos,  movementos en balanceo, sen mover cadeiras nin ombreiros. 
Lembrade facer primeiro o quecemento, despois o valse e, por último, a relaxación (seguide os vídeos na orde na que aparecen). A bailar!


luns, 20 de abril de 2020

PASODOBRE

Imaxe relacionadaE empezamos cos bailes de salón, que son aqueles que se bailan en parella de forma coordinada, axustándose a uns patróns establecidos que, asociados coa música, caracterizan os distintos bailes. Podemos establecer 2 modalidades: latinos e estándar. Entre os latinos temos o bolero, a rumba, o chachachá, a salsa, o merengue, a bachata, .. e entre os estándar figuran o pasodobre, o valse, o fox trot, o tango, ... Comezamos cos bailes estándar e, entre eles, polo baile máis español por excelencia, o PASODOBRE. Tocado en prazas de touros e verbenas populares, báilase alternando os pés, como se estivésemos desfilando. As figuras realízanse seguindo 8 pasos, imitando os movementos do toureiro. Oléééééé!!!Nestes tempos de confinamento resulta imposible bailar en parellas, así que imos adaptar os pasos para realizar un baile en grupo, que ben podemos practicar dende casa. ¿Preparados? Lembrade facer exercicios de quecemento antes de empezar, e estiramentos ao rematar, seguindo estes vídeos na orde na que aparecen a continuación. 









martes, 14 de abril de 2020

BAILES MODERNOS E DE SALÓN

Pois xa estamos na terceira avaliación. Como xa sabedes, cada trimestre está dedicado a un tipo de baile diferente:
     - 1º trimestre: Danzas do mundo
     - 2º trimestre: Baile galego tradicional
     - 3º trimestre: Bailes modernos e de salón
Así que nos toca aprender algúns pasos de bailes de salón. Como polo de agora non podemos achegarnos a ninguén para bailar en parella, faremos bailes en grupo, aprendendo os pasos en solitario seguindo un vídeo titorial. Cada semana practicaremos un baile diferente. Aproveitade estas sesións para movervos un pouco, xa que é moi importante manter unha vida activa agora que non podemos saír da casa.
Empezaremos cos exercicios de quecemento do principio da clase, para o que utilizaremos o primeiro vídeo, de 8 minutos de duración, con pasos de baile moderno e música dos 80: 80s warm up.
Para estirar os nosos músculos e voltar á calma despois de bailar, seguiremos as indicacións rítmicas do segundo vídeo, de 4 minutos e con música ben coñecida por todos vós: Cool down - Stretch.
De momento, ídevos afacendo a estes dous vídeos, xa que os usaremos en cada sesión antes e despois do baile que nos toque practicar cada semana. ¡A bailar!