sábado, 29 de febreiro de 2020

OCEANÍA: NOVA ZELANDA - Tutira Mai Nga Iwi

Imaxe relacionadaCambiamos de continente e dirixímonos a Oceanía, as nosas antípodas, para visitar Nova Zelanda, patria dos maorís. Con eles aprenderemos algúns dos trazos máis significativos da súa cultura: as tatuaxes faciais, o rito do bico, as comidas, os animais exóticos e, como non, as súas danzas, como esta: "Tutira mai nga iwi", danza e canto tribal que proclama a unión e a fraternidade. É un canto moi coñecido nestas illas, cantado en todas as escolas e que mesmo os All Blacks interpretan. 

6 A - Tutira Mga Iwi from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - Tutira Mga Iwi from CEIP Emilia Pardo Bazán on Vimeo.

6 C - Tutira Mga Iwi from CEIP Emilia Pardo Bazán on Vimeo.

mércores, 19 de febreiro de 2020

ÁFRICA - CONGO: Olelé moliba makasi


Resultado de imagen de congo olelé moliba makasi
"Olelé moliba makasi" é unha canción de berce tradicional en lingua lingala da República Democrática do Congo. Tamén se utiliza para acompasar o movemento dos remos nas piraguas, xa que a letra di que a corrente é moi forte e anima a que remen con máis forza. Aquí represéntase como unha danza para invocar á choiva.


6 A - Olelé from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - Olelé from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - Olelé Moliba mkasi from CEIP Emilia Pardo Bazán on Vimeo.

sábado, 15 de febreiro de 2020

ÁFRICA - TANZANIA - Si Si Kumbalé

Imaxe relacionada
E continuamos a nosa andaina polo mundo visitando África, continente inmenso cheo de contrastes, onde atopamos esta preciosa canción popular: "Si Si kumbalé". Trátase dunha danza ritual para a colleita: primeiro os homes preparan a terra e despois as mulleres botan a semente e, entre todos, piden prosperidade e dan grazas á nai natureza. É importante lembrar que moitas tribos africanas dependían das colleitas para a súa supervivencia, polo que a maioría dos seus cantos e bailes eran ofrendas e rogos aos deuses para que favoreceran unha próspera recoleción.

6 A - Si si kumbalé from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - Si si kumbalé from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - Si si kumbalé from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

martes, 11 de febreiro de 2020

ASIA: CHINA - Danza dos abanos e antucas

Resultado de imagen de chinese girl with fan drawingDanza Chinesa dos Abanos e Antucas forma parte desta cultura dende hai máis de 2.000 anos e é considerada unha parte importante da súa tradición.  Está  interpretada só por mulleres, que realizan delicados e suaves movementos con pequenos abanos ou antucas de vistosas cores.  O abano é coñecido como "shanhan", pódese pregar e faise de seda e/ou plumas, aínda que existen outros fixos feitos en tea.Resultado de imaxes para chine dance of the fans drawingO baile ten varios propósitos: o primeiro é que axuda a relatar diferentes historias tradicionais que van pasando de xeración en xeración, polo que se pode ver en festivais e concursos que recrean elementos das raíces culturais de China. E tamén serve como entretemento, xa que o vistoso vestiario e os abanos de vivas cores convértena nun fermoso espectáculo, no que a graza dos movementos e a sincronización entre as bailarinas para crear figuras son tamén parte imprescindible da danzaPodemos atopar este tipo de danza en moitos países orientais como Xapón, Corea, Taiwan, ...

6 A - Danza das antucas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - Danza das antucas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

domingo, 9 de febreiro de 2020

ASIA: XAPÓN - Ena Bushi

Resultado de imaxes para rice harvest drawing
Mudamos de país e detémonos en Xapón e os seus costumes: os kimonos, o sushi, o sumo, as kokeshis ou bonecas xaponesas, a sakura ou cerdeiras en flor, o origami, a cerimonia do té, ... Aquí aprendemos o baile "Ena Bushi", unha escenificación da recollida do arroz. É unha danza masculina na que os rapaces representan con xestos as fases da recolleita deste cereal: primeiro arrican a planta, sacódena e botan o arroz nun saco, átano e cárgano ao lombo, amosan a documentación ao fisco e despois avanzan para descargar o saco, retrocedendo ao final e saudando para dar grazas pola colleita.


6 A - Ena Bushi from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - Ena Bushi from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

sábado, 1 de febreiro de 2020

ASIA: PAÍSES ÁRABES - Danza árabe

Imaxe relacionadaA danza nos países árabes comezou hai miles de anos, cando se lles atribuían poderes máxicos ás mulleres, que realizaban bailes rituais, quedando os homes excluídos destes ritos. Máis tarde, o Cristianismo pasou a dominar medio Oriente e prohibíu estas danzas por consideralas herexes. Posteriormente, a principios da Idade Media, instaurose o Islamismo, que erradicou a danza das rúas. Pero esta reaparece no século XVIII a través de grupos de esclavas retidas polos califas, que representaban así o seu poderío. Por este motivo, cotizábase a beleza e as habilidades das bailarinas: canto, poesía, recitación, baile, ... A vestimenta era tamén un elemento moi importante, pois levaban moitos adornos: brazaletes, colgantes, moedas e roupas de cores moi vivas e alegres. 


A música escollida para esta Danza Árabe é a composta por Tchaikovsky para o ballet O Crebanoces.
6 A - Danza árabe from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - Danza árabe from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - Danza árabe from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.