martes, 28 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA DANZA

Internacional Danza : Feliz Internacional Danza NexSomosTodos ...Hoxe, 29 de abril, celébrase o Día Internacional da Danza. Por este motivo, a Cidade da Cultura de Galicia organiza esta actividade que pode ser do voso interese. Trátase dunha ficha-reto para ver a historia da danza a través da pintura e, ademais, anímanvos a participar cun vídeo bailando. Tedes aquí o texto íntegro do correo electrónico que nos enviaron. Animádevos!!!
E para celebrar esta día, aquí tedes un vídeo do que se pode facer a través da danza: Danza de sombras (preme AQUÍ).
Feliz Día da Danza a todos e todas!

Bo día,
Para celebrar o Día da Danza elaboramos unha ficha didáctica para o seu alumnado de primaria.
Coa axuda da Raposa Fedella, presentamos un percorrido no que viaxaremos desde o neolítico, ao antigo Exipto, á Idade Media ata actualidade; nunha travesía na que  hai que resolver enigmas, descifrar un xeroglífico... para descubrir a fascinante historia da danza a través da pintura.
Ademais, convidamos á cativada a mandar  un vídeo bailando ó seguinte correo electrónico:  onlinecidadedacultura@gmail.com (ata o venres 01 de maio para editalo e crear unha peza conxunta)
Prema no seguinte enlace para acceder á ficha:
 Agardamos que esta actividade sexa do seu interese.
 Para calquera consulta ou comentario non dubide en contar con nós.
 Un agarimoso saúdo,
 Servizo de Educación, Mediación, Información e Asistencia ao Público
Fundación Cidade da Cultura de Galicia| Museo Centro Gaiás| Monte Gaiás| 15707 Santiago de Compostela
+34 881 997 570|+34 881 997 584  www.cidadedacultura.org|

2 comentarios:

Marcos Rodríguez Vázquez dixo...

Hola, son Marcos R V, 6ºC
A pesar de que non o comentei no seu momento, vin esta ficha o 29 de abril, Día Internacional da Danza.
Gustoume moito esta proposta educativa que dun xeito sinxelo ( coa raposa Fedella, pensada especialmente para os pequenos da casa ) percorre a evolución da danza a través do tempo mediante as pinturas e cadros.
Como xa coñecía o de Edgar Degás ( co famoso profesor de danza ), destacaría o de Bruegel da voda campesiña. Así mesmo, encantoume coñecer o dato da existencia dunha danza que supostamente expulsaba a peste negra, a danza da morte.
Grazas por darnos o acceso a este recurso.

Unknown dixo...

Hola soy Marcos Iglesias Valderrama de 6-B
Siento no haberlo dicho antes pero me parece una propuesta magnífica y muy entretenida con lo que puedes pasar el confinamiento sonriendo. :)