domingo, 29 de abril de 2018

CONCERTO GRUPO DE GAITAS

O pasado venres 27 de abril asistimos a un concerto de música tradicional galega a cargo do Grupo de Gaitas do Centro Coreográfico Galego. Dun xeito moi ameno e divertido, aprendimos como son, como se fan e como soan os diferentes instrumentos tradicionais galegos: gaita, tamboril, tambor, tarrañolas, ocarina, requinta, pandeireta, ... Asemade tamén vimos a diferenza entre os distintos tipos de ritmos: muiñeiras, xotas, alalás, foliadas, alboradas, ... Disfrutamos tanto que mesmo nos atrevemos a bailar unha muiñeira todos xuntos ao final do concerto, xa que este trimestre estamos a aprendela. Como isto leva o seu tempo, non realizaremos ningunha gravación en vídeo ata que dominemos este tipo de baile, nada doado por certo... 
Moitas grazas aos cinco excelentes músicos que nos transmitiron o seu amor pola música tradicional galega. Contamos convosco para o curso vindeiro.

sábado, 24 de febreiro de 2018

AFRICA - CONGO - O le le

Imaxe relacionada

"Olelé moliba makasi" é unha canción de berce tradicional en lingua lingala da República Democrática do Congo. Tamén se utiliza para acompasar o movemento dos remos nas piraguas, xa que a letra di que a corrente é moi forte e anima a que remen con máis forza. Aquí represéntase como unha danza para invocar á choiva.





6 A - O LE LE from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - O LE LE from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - O LE LE from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

venres, 23 de febreiro de 2018

ÁFRICA - SI SI KUMBALÉ

Imaxe relacionadaE rematamos a nosa andaina polo mundo visitando África, continente inmenso cheo de contrastes, onde atopamos esta preciosa canción popular: "Si Si kumbalé". Trátase dunha danza ritual para a colleita: primeiro os homes preparan a terra e despois as mulleres botan a semente e, entre todos, piden prosperidade e dan grazas á terra. É importante lembrar que moitas tribos africanas dependían das colleitas para a súa supervivencia, polo que a maioría dos seus cantos e bailes eran ofrendas e rogos aos deuses e aos elementos da natureza para que favoreceran unha próspera recoleción.


6 A - SI SI KUMBALÉ from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - SI SI KUMBALÉ from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - SI SI KUMBALÉ from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

sábado, 17 de febreiro de 2018

NOVA ZELANDA - HAKA


Resultado de imaxes para HAKAE non podemos abandonar Oceanía sen antes aprender unha das súas danzas máis famosas internacionalmente: o Haka. Haka é un termo que serve para definir calquera danza maorí, pero soe ser utilizado para referirse especificamente á danza de guerra tribal maorí. Non obstante, adoita ser unha danza de benvida e é signo de hospitalidade, pero tamén un método de intimidación antes da loita.

O haka é unha demostración feroz do orgullo, a forza e a unidade dunha tribo. Para iso, dan golpes violentos cos pés, sacan a lingua de xeito protuberante e dan palmadas rítmicas no corpo acompañando un canto forte. As palabras do haka soen describir poeticamente os ancestros e os sucesos da historia da tribo.
Hoxe en día segue a usarse o haka nas cerimonias e celebracións maoríes para honrar aos invitados e amosar a importancia da ocasión. Pero tamén se usa para desafiar aos opoñentes no campo de deportes. Probablemente teñades visto aos All Blacks de Nova Zelanda facendo o haka antes dun partido de rugby e ... é aterrador, non si?












6 A - HAKA from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - HAKA from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - HAKA from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

venres, 16 de febreiro de 2018

POLINESIA - Te vaine marea

Imaxe relacionada


Seguimos neste exótico continente, cheo de illas e espazos naturais únicos, como a Polinesia, onde aprenderemos unha danza titulada "Te vaine marea", na que un grupo de nenos, sentados na praia, conta a súa viaxe en canoa polo río. 
Atentos á instrumentación musical, que nos evoca palmeiras, praias tropicais, augas transparentes, colares de flores, ... 







6 A - TE VAINE MAREA from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - TE VAINE MAREA from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - TE VAINE MAREA from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.