xoves, 1 de novembro de 2018

CENTROEUROPA - Danza da Fitas

Estamos ante unha danza case universal, no sentido de que podemos atopala en moitos países, non só de Europa, senón tamén do mundo enteiro: a Danza das Fitas. Nela, os danzantes van trenzando e destrenzando unhas fitas de cores ao redor dun pao adornado con flores. Tradicionalmente, bailábase para celebrar a chegada da primavera, da estación luz e do bo tempo. Os mozos da vila talaban unha árbore no bosque e quitábanlle as pólas e follas, para que as rapazas o adornaran con flores e fitas. Tamén elaboraban coroas de flores que, despois, levaban na cabeza. 
Esta que representamos aquí é propia de varios países de Centroeuropa: Alemaña, Suíza, Austria, Eslovaquia, República Checa, Francia, ..., aínda que tamén é bailada en moitas provincias de España, incluída Galicia. A diferencia entre as distintas zonas está no tipo de música empregada e nos pasos executados.
Salientar que se trata dunha danza de moi difícil execución, non polos pasos en si, senón polo propio proceso de trenzado e destrenzado das fitas, no que un só erro pode resultar fatal. 



6 A - Danza das fitas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 B - Danza das fitas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - Danza das fitas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

Ningún comentario: