xoves, 18 de xuño de 2020
ATA SEMPRE
luns, 15 de xuño de 2020
BAILE EN GRUPO: COUNTRY DANCE
E rematamos o curso cun baile en grupo diferente. Como ben sabedes, o baile en grupo, en liña ou line dance é o que realiza un grupo de persoas de maneira sincronizada, seguindo unha coreografía establecida de antemán e que hai que aprender de memoria. Así, todos repiten os memos movementos, pero de xeito independente, sen interactuar entre eles. luns, 8 de xuño de 2020
BAILES LATINOS: Salsa e merengue
A salsa xurdiu entre os
60 e os 70 no barrio latino de Nova York como resultado das transformacións
de músicos portorriqueños, cubanos e americanos sobre os xéneros da
música cubana, agregándolle cousas do floclore boricua e do jazz.
|
luns, 1 de xuño de 2020
BAILES LATINOS: Chachachá
O chachachá é de orixe cubana, pero é en
México onde adquiriu unha grande popularidade, estendéndose a América Latina e mesmo a
Estados Unidos, quizáis debido a que é un baile alegre, nin moi rápido nin moi
lento, sensual, coqueto e doado de adaptar ás diferentes figuras do mambo e da
rumba. O nome vén do movemento dos bailaíns: os pés marcaban un son
característico ao rozar o chan en tres pasos rápidos, cha cha chá, para
acentuar o ritmo da melodía e así por onomatopeia, naceu o nome. Xa sabedes, sensualidade, movemento de cadeiras, e un chisco de picardía. A bailar!!!
Primeiro o quecemento con Michael Jackson: "Blame it on the Boogie".
Despois dous chachachás: "Havana" e "Señorita" de Camila Cabello.
E volta á calma con "Stand by me".
luns, 25 de maio de 2020
BAILES LATINOS: Bolero

luns, 18 de maio de 2020
ROCK AND ROLL
Aquí tedes dous vídeos: o primeiro é un rock and roll e o segundo un twist moi sinxelo. Lembrade facer o quecemento ao principio e os estiramentos ao rematar. A bailar!
luns, 11 de maio de 2020
FOX-TROT
luns, 4 de maio de 2020
TANGO
martes, 28 de abril de 2020
DÍA INTERNACIONAL DA DANZA
Hoxe, 29 de abril, celébrase o Día Internacional da Danza. Por este motivo, a Cidade da Cultura de Galicia organiza esta actividade que pode ser do voso interese. Trátase dunha ficha-reto para ver a historia da danza a través da pintura e, ademais, anímanvos a participar cun vídeo bailando. Tedes aquí o texto íntegro do correo electrónico que nos enviaron. Animádevos!!!luns, 27 de abril de 2020
VALSE
|
O valse vienés
orixinouse na rexión de Provenza (Francia) en 1559, e é recoñecido como
o máis antigo de todos os bailes de salón.
Foi o primeiro baile de parella agarrada aceptado nos salóns
de baile, pois moitos consideraban inmoral que unha parella bailase
enfrontada e agarrada, aínda que as clases baixas xa o viñan facendo nos seus
bailes populares.
Introducíuse en Inglaterra e fíxose popular ao longo do século XIX pola música de Josef e Johann
Strauss.
|
Postura erguida e elegante,
cos pés xuntos e en paralelo. Pasos longos,
movementos en balanceo, sen mover cadeiras nin ombreiros.
Lembrade facer primeiro o quecemento, despois o valse e, por último, a relaxación (seguide os vídeos na orde na que aparecen). A bailar! |
luns, 20 de abril de 2020
PASODOBRE
E empezamos cos bailes de salón, que son aqueles que se bailan en parella de forma coordinada, axustándose a uns patróns establecidos que, asociados coa música, caracterizan os distintos bailes. Podemos establecer 2 modalidades: latinos e estándar. Entre os latinos temos o bolero, a rumba, o chachachá, a salsa, o merengue, a bachata, .. e entre os estándar figuran o pasodobre, o valse, o fox trot, o tango, ... Comezamos cos bailes estándar e, entre eles, polo baile máis español por excelencia, o PASODOBRE. Tocado en prazas de touros e verbenas populares, báilase alternando os pés, como se estivésemos desfilando. As figuras realízanse seguindo 8 pasos, imitando os movementos do toureiro. Oléééééé!!!Nestes tempos de confinamento resulta imposible bailar en parellas, así que imos adaptar os pasos para realizar un baile en grupo, que ben podemos practicar dende casa. ¿Preparados? Lembrade facer exercicios de quecemento antes de empezar, e estiramentos ao rematar, seguindo estes vídeos na orde na que aparecen a continuación. martes, 14 de abril de 2020
BAILES MODERNOS E DE SALÓN
luns, 30 de marzo de 2020
MUIÑEIRA 3
luns, 23 de marzo de 2020
MUIÑEIRA 2
luns, 16 de marzo de 2020
BAILE GALEGO: MUIÑEIRA
A muiñeira consta de 3 partes diferenciadas:
- Paseos: pequenos descansos entre puntos e voltas. Non sempre os hai.
- Voltas: poden ser en roda ou en tablón. Correspóndese co “retrouso” ou refrán da música.
- Puntos: combinacións de pasos diferentes, con desprazamentos, xiros, cambios de pé, etc. Correspóndese coa “copla” da música.
Xeralmente altérnanse voltas e puntos. Durante as voltas os danzantes pódense ir desprazando para formar diferentes figuras (rodas, muíños, cruces, …). Polo medio pódense ir metendo ou non paseos ou descansos. Báilase na media punta e cos brazos levantados, aínda que hai momentos que se baixan (nos paseos).
Como estes días temos que quedar na casa, se vos apetece ir practicando un pouco, aquí vos deixo este vídes titorial para ir collendo algúns pasos básicos.
venres, 13 de marzo de 2020
BAILE GALEGO TRADICIONAL: BAILES-XOGO
O BOLERO MIX from CEIP Emilia Pardo Bazán on Vimeo.
O BOLERO MIX 2 from CEIP Emilia Pardo Bazán on Vimeo.
sábado, 29 de febreiro de 2020
OCEANÍA: NOVA ZELANDA - Tutira Mai Nga Iwi
Cambiamos de continente e dirixímonos a Oceanía, as nosas antípodas, para visitar Nova Zelanda, patria dos maorís. Con eles aprenderemos algúns dos trazos máis significativos da súa cultura: as tatuaxes faciais, o rito do bico, as comidas, os animais exóticos e, como non, as súas danzas, como esta: "Tutira mai nga iwi", danza e canto tribal que proclama a unión e a fraternidade. É un canto moi coñecido nestas illas, cantado en todas as escolas e que mesmo os All Blacks interpretan. 6 A - Tutira Mga Iwi from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
mércores, 19 de febreiro de 2020
ÁFRICA - CONGO: Olelé moliba makasi
6 A - Olelé from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 B - Olelé from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.6 C - Olelé Moliba mkasi from CEIP Emilia Pardo Bazán on Vimeo.
sábado, 15 de febreiro de 2020
ÁFRICA - TANZANIA - Si Si Kumbalé
6 A - Si si kumbalé from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
martes, 11 de febreiro de 2020
ASIA: CHINA - Danza dos abanos e antucas
A Danza Chinesa dos Abanos e Antucas forma parte desta cultura dende hai máis de 2.000 anos e é considerada unha parte importante da súa tradición. Está interpretada só por mulleres, que realizan delicados e suaves movementos con pequenos abanos ou antucas de vistosas cores. O abano é coñecido como "shanhan", pódese pregar e faise de seda e/ou plumas, aínda que existen outros fixos feitos en tea.6 A - Danza das antucas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 B - Danza das antucas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
domingo, 9 de febreiro de 2020
ASIA: XAPÓN - Ena Bushi
Mudamos de país e detémonos en Xapón e os seus costumes: os kimonos, o sushi, o sumo, as kokeshis ou bonecas xaponesas, a sakura ou cerdeiras en flor, o origami, a cerimonia do té, ... Aquí aprendemos o baile "Ena Bushi", unha escenificación da recollida do arroz. É unha danza masculina na que os rapaces representan con xestos as fases da recolleita deste cereal: primeiro arrican a planta, sacódena e botan o arroz nun saco, átano e cárgano ao lombo, amosan a documentación ao fisco e despois avanzan para descargar o saco, retrocedendo ao final e saudando para dar grazas pola colleita.
6 A - Ena Bushi from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 B - Ena Bushi from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
sábado, 1 de febreiro de 2020
ASIA: PAÍSES ÁRABES - Danza árabe
A danza nos países árabes comezou hai miles de anos, cando se lles atribuían poderes máxicos ás mulleres, que realizaban bailes rituais, quedando os homes excluídos destes ritos. Máis tarde, o Cristianismo pasou a dominar medio Oriente e prohibíu estas danzas por consideralas herexes. Posteriormente, a principios da Idade Media, instaurose o Islamismo, que erradicou a danza das rúas. Pero esta reaparece no século XVIII a través de grupos de esclavas retidas polos califas, que representaban así o seu poderío. Por este motivo, cotizábase a beleza e as habilidades das bailarinas: canto, poesía, recitación, baile, ... A vestimenta era tamén un elemento moi importante, pois levaban moitos adornos: brazaletes, colgantes, moedas e roupas de cores moi vivas e alegres. 6 B - Danza árabe from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 C - Danza árabe from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
mércores, 15 de xaneiro de 2020
ASIA: ISRAEL - Samoth
Esta semana visitamos Israel, onde aprendemos a danza titulada Samoth, de orixe hebrea. Na vida do pobo xudío, a danza é considerada dende os tempos bíblicos como unha expresión de alegría ou de pena, e forma parte das celebracións deste pobo. Así, os xudeus celebran a festa dos Tabernáculos ou Tendas ao final do verán: montan os seus campamentos en distintas zonas da cidade para conmemorar os tiempos en que eran nómades no deserto. Nestes campamentos organízanse festas e bailan as súas danzas, como esta, Samoth, de ritmo pausado e melodía doada de interiorizar. En círculo, collidos das mans, os danzantes realizan cruzamentos e saltos cos pés, levando un pano branco na man como símbolo de fraternidade e pureza.6A - Samoth from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6B - Samoth from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6C - Samoth from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.







