xoves, 21 de febreiro de 2019

OCEANÍA - NOVA ZELANDA - Tutira Mai Nga Iwi

Imaxe relacionadaCambiamos de continente e visitamos Oceanía, as nosas antípodas. Pararemos pimeiro en Nova Zelanda, patria dos maorís. Con eles aprenderemos algúns dos trazos máis significatrivos da súa cultura: as tatuaxes faciais, o rito do bico, as comidas, os animais exóticos e , como non, as súas danzas, como esta: "Tutira mai nga iwi", danza e canto tribal que proclama a unión e a fraternidade. É un canto moi coñecido nestas illas, cantado en todas as escolas e que mesmo os All Blacks interpretan. Aquí tedes a letra:

Tūtira mai ngā iwi,
tātou tātou e
Tūtira mai ngā iwi,
tātou tātou e
Whai-a te marama-tanga,
me te aroha - e ngā iwi!
Ki-a ko tapa tahi,
Ki-a ko-tahi rā
Tātou tātou e
(Repeat)
Tā-tou tā-tou e E!!
Hi aue hei !!!



6 A - Tutira Mai Nga Iwi from Rosa Fernández on Vimeo.
6 B - Tutira Mai Nga Iwi from Rosa Fernández on Vimeo.

6 C - Tutira Mai Nga Iwi from Rosa Fernández on Vimeo.

sábado, 16 de febreiro de 2019

GHANA: Si ma ma ka

África é un continente heteroxéneo, cunha gran diversidade étnica e cultural, como así o demostra as 52 nacións independentes das que consta, que ademais falan unhas mil linguas diferentes. Esta diversidade tamén pode ser apreciada na súa música e danza que, nembargantes, conta cunha serie de características comúns:
- Está relacionada cos acontecementos cotiás e, polo tanto, está presente en todas as actividades e cerimonias, mesmo no traballo.
- É compartida por todos os membros da comunidade, que non se limitan só a escoitar, senón que participan dela cantando, bailando e tocando instrumentos. 
- É de tradición oral, transmitíndose de xeración en xeración.
- Está en constante evolución, aínda que conserva as súas raíces e tradicións.
- Gran parte da música é case inseparable da danza, sendo polo tanto moi rítmica.

Un bo exemplo disto é a melodía SI MA MA KA, tradicional de Ghana. Nesta ocasión, os nosos alumnos e alumnas terán de demostrar os seus coñecementos inventando movementos axeitados para ela, tratando de conservar as características das danzas rituais africanas.



6 A - Si ma ma ka from Rosa Fernández on Vimeo.
6 B - Si ma ma ka from Rosa Fernández on Vimeo.

6 C - Si ma ma ka from Rosa Fernández on Vimeo.

venres, 8 de febreiro de 2019

CONGO - Olelé moliba makasi"


"Olelé moliba makasi" é unha canción de berce tradicional en lingua lingala da República Democrática do Congo. Tamén se utiliza para acompasar o movemento dos remos nas piraguas, xa que a letra di que a corrente é moi forte e anima a que remen con máis forza. Aquí represéntase como unha danza para invocar á choiva.
6 A - Olelé from Rosa Fernández on Vimeo.

6 B - Olelé from Rosa Fernández on Vimeo.


6 C - Olelé from Rosa Fernández on Vimeo.

ÁFRICA - TANZANIA - Si Si Kumbalé

Imaxe relacionada
E rematamos a nosa andaina polo mundo visitando África, continente inmenso cheo de contrastes, onde atopamos esta preciosa canción popular: "Si Si kumbalé". Trátase dunha danza ritual para a colleita: primeiro os homes preparan a terra e despois as mulleres botan a semente e, entre todos, piden prosperidade e dan grazas á terra. É importante lembrar que moitas tribos africanas dependían das colleitas para a súa supervivencia, polo que a maioría dos seus cantos e bailes eran ofrendas e rogos aos deuses e aos elementos da natureza para que favoreceran unha próspera recoleción.




6 A - Si Si Kumbalé from Rosa Fernández on Vimeo.

6 B - Si Si Kumbalé from Rosa Fernández on Vimeo.

6 C - Si Si Kumbalé from Rosa Fernández on Vimeo.

sábado, 2 de febreiro de 2019

XUNTARTE 2019

Un ano máis, o noso centro participou no festival Xuntarte, que este ano se celebrou no centro Ágora onte, 1 de febreiro de 2019. Como xa sabedes, é unha celebración da música, canto e danza de diferentes países do mundo co gallo do Día da Paz. Nesta ocasión, 8 centros públicos da cidade encargáronse de presentar as súas interpretacións. O noso colexio participou coa canción africana "Si si kumbalé", acompañada dunha danza de sementeira que simboliza os pasos que se dan neste proceso: preparación da terra, semente e pregaria aos deuses para unha boa colleita. Asemade, 3 parellas de 4º de Primaria representaron ao cole nas danzas comúns, interpretadas por representantes de todos os centros participantes.
Aquí tedes un pequeno recordo deste día.



20190201_193551 from Rosa Fernández on Vimeo.

venres, 1 de febreiro de 2019

ISRAEL - Samoth

Resultado de imaxes para danza hebrea de pañuelos dibujoEsta semana visitamos Israel, onde aprendemos a danza titulada Samoth, de orixe hebrea. Na vida do pobo xudío, a danza é considerada dende os tempos bíblicos como unha expresión de alegría ou de pena, e forma parte das celebracións deste pobo. Así, os xudeus celebran a festa dos Tabernáculos ou Tendas ao final do verán: montan os seus campamentos en distintas zonas da cidade para conmemorar os tiempos bíblicos en que eran nómades no deserto. Nestes campamentos organízanse festas e bailan as  súas danzas , como esta , Samoth, de ritmo pausado e melodía doada de interiorizar.
6 A - Samoth from Rosa Fernández on Vimeo.
6 B - Samoth from Rosa Fernández on Vimeo.
6 C - Samoth from Rosa Fernández on Vimeo.