“Jingle Bells» é unha das cancións tradicionais de inverno máis coñecidas e cantadas en todo o mundo. Foi escrita no s.XIX polo compositor estadounidense James Pierpont. A pesar de estar íntimamente conectada ao Nadal, non é específicamente unha panxoliña, xa que non se menciona na letra, senón que trata sobre as carreiras de cabalos, de ahí que os pasos da danza lembren o galope deste animais. Os danzantes dispóñense nun círculo de parellas, agarrados das mans, e realizan o paso de polca piqué e o galope lateral.
Con esta danza despedímonos ata xaneiro, cando voltaremos con máis Danzas do Mundo. Bo Nadal a todos e todas!!!!
6 C - Jingle Bells from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
venres, 15 de decembro de 2017
venres, 1 de decembro de 2017
EEUU - Oh! Susannah
Cambiamos de continente e dirixímonos cara a América, concretamente aos Estados Unidos, terra de vaqueiros e cowboys. Aquí aprenderemos a danza "Oh! Susannah", canción escrita por Stephen Foster e publicada en febreiro de 1848. Baile tipicamente americano, asociado á Febre do Ouro, reproduce o espírito aventureiro dos buscadores de ouro: ten unha melodía moi viva e alegre, que vai acompañada por pasos de polca e figuras de ritmo rápido e áxil.
6 A - Oh Susannah from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 B - Oh Susannha from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 C - Oh Susannah from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)