A Danza Chinesa dos Abanos e Antucas forma parte desta cultura dende hai máis de 2.000 anos e é considerada unha parte importante da súa tradición. Está interpretada só por mulleres, que realizan delicados e suaves movementos con pequenos abanos ou antucas de vistosas cores. O abano é coñecido como "shanhan", pódese pregar e faise de seda e/ou plumas, aínda que existen outros fixos feitos en tea.O baile ten varios propósitos: o primeiro é que axuda a relatar diferentes historias tradicionais que van pasando de xeración en xeración, polo que se pode ver en festivais e concursos que recrean elementos das raíces culturais de China. E tamén serve como entretemento, xa que o vistoso vestiario e os abanos de vivas cores convértena nun fermoso espectáculo, no que a graza dos movementos e a sincronización entre as bailarinas para crear figuras son tamén parte imprescindible da danza. Podemos atopar este tipo de danza en moitos países orientais como Xapón, Corea, Taiwan, ...
6 A - Danza das antucas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 B - Danza das antucas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario