Un ano máis, o noso centro participou no festival Xuntarte, que este ano se celebrou no centro Ágora onte, 1 de febreiro de 2019. Como xa sabedes, é unha celebración da música, canto e danza de diferentes países do mundo co gallo do Día da Paz. Nesta ocasión, 8 centros públicos da cidade encargáronse de presentar as súas interpretacións. O noso colexio participou coa canción africana "Si si kumbalé", acompañada dunha danza de sementeira que simboliza os pasos que se dan neste proceso: preparación da terra, semente e pregaria aos deuses para unha boa colleita. Asemade, 3 parellas de 4º de Primaria representaron ao cole nas danzas comúns, interpretadas por representantes de todos os centros participantes.
Aquí tedes un pequeno recordo deste día.20190201_193551 from Rosa Fernández on Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario