Esta semana visitamos Israel, onde aprendemos a danza titulada Samoth, de orixe hebrea. Na vida do pobo xudío, a danza é considerada dende os tempos bíblicos como unha expresión de alegría ou de pena, e forma parte das celebracións deste pobo. Así, os xudeus celebran a festa dos Tabernáculos ou Tendas ao final do verán: montan os seus campamentos en distintas zonas da cidade para conmemorar os tiempos bíblicos en que eran nómades no deserto. Nestes campamentos organízanse festas e bailan as súas danzas , como esta , Samoth, de ritmo pausado e melodía doada de interiorizar.
6 A - Samoth from Rosa Fernández on Vimeo.6 B - Samoth from Rosa Fernández on Vimeo.
6 C - Samoth from Rosa Fernández on Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario