África é un continente heteroxéneo, cunha gran diversidade étnica e cultural, como así o demostra as 52 nacións independentes das que consta, que ademais falan unhas mil linguas diferentes. Esta diversidade tamén pode ser apreciada na súa música e danza que, nembargantes, conta cunha serie de características comúns:
- Está relacionada cos acontecementos cotiás e, polo tanto, está presente en todas as actividades e cerimonias, mesmo no traballo.
- É compartida por todos os membros da comunidade, que non se limitan só a escoitar, senón que participan dela cantando, bailando e tocando instrumentos.
- É de tradición oral, transmitíndose de xeración en xeración.
- Está en constante evolución, aínda que conserva as súas raíces e tradicións.
- Gran parte da música é case inseparable da danza, sendo polo tanto moi rítmica.
Un bo exemplo disto é a melodía SI MA MA KA, tradicional de Ghana. Nesta ocasión, os nosos alumnos e alumnas terán de demostrar os seus coñecementos inventando movementos axeitados para ela, tratando de conservar as características das danzas rituais africanas.
6 A - Si ma ma ka from Rosa Fernández on Vimeo.
6 B - Si ma ma ka from Rosa Fernández on Vimeo.
6 C - Si ma ma ka from Rosa Fernández on Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario