sábado, 3 de febreiro de 2018

PAÍSES ÁRABES - DANZA ÁRABE

Resultado de imaxes para danza árabe dibujoA danza nos países árabes comezou hai miles de anos, cando se lles atribuían poderes máxicos ás mulleres, que realizaban bailes rituais, quedando os homes excluídos destes ritos. Máis tarde, o Cristianismo pasou a dominar medio Oriente e prohibíu estas danzas por consideralas herexes. Posteriormente, a principios da Idade Media, instaurose o Islamismo, que erradicou a danza das rúas. Pero esta reaparece no século XVIII a través de grupos de esclavas retidas polos califas, que representaban así o seu poderío. Por este motivo, cotizábase a beleza e as habilidades das bailarinas: canto, poesía, recitación, baile, ... A vestimenta era tamén un elemento moi importante, pois levaban moitos adornos: brazaletes, colgantes, moedas e roupas de cores moi vivas e alegres. 
A música escollida para esta Danza Árabe é a composta por Tchaikovsky para o ballet O Crebanoces.



6 A - Danza árabe from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 B - Danza árabe from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - Danza árabe from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

venres, 26 de xaneiro de 2018

CHINA - DANZA CHINESA DOS ABANOS E ANTUCAS

Resultado de imagen de chinese girl with fan drawingDanza Chinesa dos Abanos e Antucas forma parte desta cultura dende hai máis de 2.000 anos e é considerada unha parte importante da súa tradición.  Está  interpretada só por mulleres, que realizan delicados e suaves movementos con pequenas antucas e abanos de vistosas cores.  O abano é coñecido com "shanhan" e faise de seda e/ou plumas, mentres que a antuca de papel aceite ou de tela úsase para preservar do sol o delicado e branco cute das chinesas, ademais de ser imprescindible nas vodas, xa que a noiva é cuberta cun parasol vermello para protexela dos malos espíritos. Sen embargo, os anciáns prefiren os parasoles de cor violeta que simbolizan a lonxevidade e, nun funeral, empréganse de cor branca. Hoxe en día, utilízanse paraugas de estilo occcidental para a choiva, e estas antucas tradicionais véndense como "souvenirs". Imagen relacionadaO baile ten varios propósitos: o primeiro é que axuda a relatar diferentes historias tradicionais que van pasando de xeración en xeración, polo que se pode ver en festivais e concursos que recrean elementos das raíces culturais de China. E tamén serve como entretemento, xa que o vistoso vestiario e os abanos e antucas de vivas cores convértena nun fermoso espectáculo, no que a graza dos movementos e a sincronización entre as bailarinas para crear figuras son tamén parte imprescindible da danza
Podemos atopar este tipo de danza en moitos países orientais como Xapón, Corea, Taiwan, ...
6 A - Danza dos abanos e paraugas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 B - Danza dos abanos e paraugas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - Danza dos abanos e antucas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

XAPÓN - Ena Bushi


Resultado de imaxes para rice harvest drawingMudamos de continente e detémonos en ASIA, onde visitamos Xapón e os seus costumes: os kimonos, o sushi, o sumo, as kokeshis ou bonecas xaponesas, as cerdeiras en flor, o origami, a cerimonia do té, ... Aquí aprendemos a danza "Ena Bushi", unha escenificación da recollida do arroz. É unha danza masculina na que os rapaces representan con xestos as fases da recolleita deste cereal: primeiro arrican a planta, despois botan o arroz nun saco, átano e cargan con el no lombo, amosan a documentación ao fisco e despois avanzan para descargar o saco, retrocedendo ao final e saudando para dar grazas pola colleita.


6 B - Ena Bushi from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - Ena Bushi from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

sábado, 20 de xaneiro de 2018

PAÍSES ANDINOS - CARNAVALITO



O Carnavalito é unha danza moi antiga, que se bailaba antes da chegada dos colonizadores españois. Anuncia a chegada das carnestolendas e cerra as festas despois do primeiro venres de Pascua. A súa importancia no só é festiva; polo xeral, as súas letras eran vellas composicións rimadas, portadoras de ensinanzas tradicionais e de historias de namorados. Os danzantes móvense en torno aos músicos ou en ringleira. Unha muller ou un home cun pano (ou banderín adornado con fitas) na man encárgase de dirixir, e forma figuras como a roda, dobre roda, serpentina, caracol, muíño, rúas, fileira libre, … É bailada en todos os páises andinos: Colombia, Perú, Bolivia, Arxentina, Chile, Venezuela, Ecuador, ...


6 A - CARNAVALITO from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - CARNAVALITO from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

venres, 19 de xaneiro de 2018

MÉXICO - A RASPA

A raspa é unha danza mexicana tradicional bastante enérxica e alegre, que é bailada e todas as festas e reunións familiares non só en México, senón tamén en innumerables países do resto do mundo. Intenta escenificar un coqueteo entre a parella, no que o home trata de seducir á muller co seu zapateo. O seu nome provén do son que fai o güiro, instrumento que se toca frotándoo cun raspador. As parellas reúnense nun gran círculo e tratan de imitar ese "raspeo" cos pés. 

6 A - A RASPA from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - A RASPA from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.