O Carnavalito é unha danza moi antiga, que se bailaba antes da chegada dos colonizadores españois. Anuncia a chegada das carnestolendas e cerra as festas despois do primeiro venres de Pascua. A súa importancia no só é festiva; polo xeral, as súas letras eran vellas composicións rimadas, portadoras de ensinanzas tradicionais e de historias de namorados. Os danzantes móvense en torno aos músicos ou en ringleira. Unha muller ou un home cun pano (ou banderín adornado con fitas) na man encárgase de dirixir, e forma figuras como a roda, dobre roda, serpentina, caracol, muíño, rúas, fileira libre, … É bailada en todos os páises andinos: Colombia, Perú, Bolivia, Arxentina, Chile, Venezuela, Ecuador, ...
6 A - CARNAVALITO from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 B - CARNAVALITO from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario