venres, 26 de xaneiro de 2018

CHINA - DANZA CHINESA DOS ABANOS E ANTUCAS

Resultado de imagen de chinese girl with fan drawingDanza Chinesa dos Abanos e Antucas forma parte desta cultura dende hai máis de 2.000 anos e é considerada unha parte importante da súa tradición.  Está  interpretada só por mulleres, que realizan delicados e suaves movementos con pequenas antucas e abanos de vistosas cores.  O abano é coñecido com "shanhan" e faise de seda e/ou plumas, mentres que a antuca de papel aceite ou de tela úsase para preservar do sol o delicado e branco cute das chinesas, ademais de ser imprescindible nas vodas, xa que a noiva é cuberta cun parasol vermello para protexela dos malos espíritos. Sen embargo, os anciáns prefiren os parasoles de cor violeta que simbolizan a lonxevidade e, nun funeral, empréganse de cor branca. Hoxe en día, utilízanse paraugas de estilo occcidental para a choiva, e estas antucas tradicionais véndense como "souvenirs". Imagen relacionadaO baile ten varios propósitos: o primeiro é que axuda a relatar diferentes historias tradicionais que van pasando de xeración en xeración, polo que se pode ver en festivais e concursos que recrean elementos das raíces culturais de China. E tamén serve como entretemento, xa que o vistoso vestiario e os abanos e antucas de vivas cores convértena nun fermoso espectáculo, no que a graza dos movementos e a sincronización entre as bailarinas para crear figuras son tamén parte imprescindible da danza
Podemos atopar este tipo de danza en moitos países orientais como Xapón, Corea, Taiwan, ...
6 A - Danza dos abanos e paraugas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 B - Danza dos abanos e paraugas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - Danza dos abanos e antucas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

Ningún comentario: