luns, 11 de maio de 2020
luns, 4 de maio de 2020
TANGO
martes, 28 de abril de 2020
DÍA INTERNACIONAL DA DANZA
Hoxe, 29 de abril, celébrase o Día Internacional da Danza. Por este motivo, a Cidade da Cultura de Galicia organiza esta actividade que pode ser do voso interese. Trátase dunha ficha-reto para ver a historia da danza a través da pintura e, ademais, anímanvos a participar cun vídeo bailando. Tedes aquí o texto íntegro do correo electrónico que nos enviaron. Animádevos!!!
E para celebrar esta día, aquí tedes un vídeo do que se pode facer a través da danza: Danza de sombras (preme AQUÍ).
Feliz Día da Danza a todos e todas!
Bo día,
Para celebrar o Día da Danza elaboramos unha ficha didáctica para o seu alumnado de primaria.
Coa axuda da Raposa Fedella, presentamos un percorrido no que viaxaremos desde o neolítico, ao antigo Exipto, á Idade Media ata actualidade; nunha travesía na que hai que resolver enigmas, descifrar un xeroglífico... para descubrir a fascinante historia da danza a través da pintura.
Ademais, convidamos á cativada a mandar un vídeo bailando ó seguinte correo electrónico: onlinecidadedacultura@gmail.com (ata o venres 01 de maio para editalo e crear unha peza conxunta)
Prema no seguinte enlace para acceder á ficha:
Agardamos que esta actividade sexa do seu interese.
Para calquera consulta ou comentario non dubide en contar con nós.
Un agarimoso saúdo,
Servizo de Educación, Mediación, Información e Asistencia ao Público
Fundación Cidade da Cultura de Galicia| Museo Centro Gaiás| Monte Gaiás| 15707 Santiago de Compostela
+34 881 997 570|+34 881 997 584 www.cidadedacultura.org|
luns, 27 de abril de 2020
VALSE
|
O valse vienés
orixinouse na rexión de Provenza (Francia) en 1559, e é recoñecido como
o máis antigo de todos os bailes de salón.
Foi o primeiro baile de parella agarrada aceptado nos salóns
de baile, pois moitos consideraban inmoral que unha parella bailase
enfrontada e agarrada, aínda que as clases baixas xa o viñan facendo nos seus
bailes populares.
Introducíuse en Inglaterra e fíxose popular ao longo do século XIX pola música de Josef e Johann
Strauss.
|
Postura erguida e elegante,
cos pés xuntos e en paralelo. Pasos longos,
movementos en balanceo, sen mover cadeiras nin ombreiros.
Lembrade facer primeiro o quecemento, despois o valse e, por último, a relaxación (seguide os vídeos na orde na que aparecen). A bailar! |
luns, 20 de abril de 2020
PASODOBRE
E empezamos cos bailes de salón, que son aqueles que se bailan en parella de forma coordinada, axustándose a uns patróns establecidos que, asociados coa música, caracterizan os distintos bailes. Podemos establecer 2 modalidades: latinos e estándar. Entre os latinos temos o bolero, a rumba, o chachachá, a salsa, o merengue, a bachata, .. e entre os estándar figuran o pasodobre, o valse, o fox trot, o tango, ... Comezamos cos bailes estándar e, entre eles, polo baile máis español por excelencia, o PASODOBRE. Tocado en prazas de touros e verbenas populares, báilase alternando os pés, como se estivésemos desfilando. As figuras realízanse seguindo 8 pasos, imitando os movementos do toureiro. Oléééééé!!!Nestes tempos de confinamento resulta imposible bailar en parellas, así que imos adaptar os pasos para realizar un baile en grupo, que ben podemos practicar dende casa. ¿Preparados? Lembrade facer exercicios de quecemento antes de empezar, e estiramentos ao rematar, seguindo estes vídeos na orde na que aparecen a continuación.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


