E continuamos a nosa andaina polo mundo visitando África, continente inmenso cheo de contrastes, onde atopamos esta preciosa canción popular: "Si Si kumbalé". Trátase dunha danza ritual para a colleita: primeiro os homes preparan a terra e despois as mulleres botan a semente e, entre todos, piden prosperidade e dan grazas á nai natureza. É importante lembrar que moitas tribos africanas dependían das colleitas para a súa supervivencia, polo que a maioría dos seus cantos e bailes eran ofrendas e rogos aos deuses para que favoreceran unha próspera recoleción.
6 A - Si si kumbalé from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
sábado, 15 de febreiro de 2020
martes, 11 de febreiro de 2020
ASIA: CHINA - Danza dos abanos e antucas
A Danza Chinesa dos Abanos e Antucas forma parte desta cultura dende hai máis de 2.000 anos e é considerada unha parte importante da súa tradición. Está interpretada só por mulleres, que realizan delicados e suaves movementos con pequenos abanos ou antucas de vistosas cores. O abano é coñecido como "shanhan", pódese pregar e faise de seda e/ou plumas, aínda que existen outros fixos feitos en tea.6 A - Danza das antucas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 B - Danza das antucas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
domingo, 9 de febreiro de 2020
ASIA: XAPÓN - Ena Bushi
Mudamos de país e detémonos en Xapón e os seus costumes: os kimonos, o sushi, o sumo, as kokeshis ou bonecas xaponesas, a sakura ou cerdeiras en flor, o origami, a cerimonia do té, ... Aquí aprendemos o baile "Ena Bushi", unha escenificación da recollida do arroz. É unha danza masculina na que os rapaces representan con xestos as fases da recolleita deste cereal: primeiro arrican a planta, sacódena e botan o arroz nun saco, átano e cárgano ao lombo, amosan a documentación ao fisco e despois avanzan para descargar o saco, retrocedendo ao final e saudando para dar grazas pola colleita.
6 A - Ena Bushi from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 B - Ena Bushi from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
sábado, 1 de febreiro de 2020
ASIA: PAÍSES ÁRABES - Danza árabe
A danza nos países árabes comezou hai miles de anos, cando se lles atribuían poderes máxicos ás mulleres, que realizaban bailes rituais, quedando os homes excluídos destes ritos. Máis tarde, o Cristianismo pasou a dominar medio Oriente e prohibíu estas danzas por consideralas herexes. Posteriormente, a principios da Idade Media, instaurose o Islamismo, que erradicou a danza das rúas. Pero esta reaparece no século XVIII a través de grupos de esclavas retidas polos califas, que representaban así o seu poderío. Por este motivo, cotizábase a beleza e as habilidades das bailarinas: canto, poesía, recitación, baile, ... A vestimenta era tamén un elemento moi importante, pois levaban moitos adornos: brazaletes, colgantes, moedas e roupas de cores moi vivas e alegres.
A música escollida para esta Danza Árabe é a composta por Tchaikovsky para o ballet O Crebanoces.
6 B - Danza árabe from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 C - Danza árabe from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
mércores, 15 de xaneiro de 2020
ASIA: ISRAEL - Samoth
Esta semana visitamos Israel, onde aprendemos a danza titulada Samoth, de orixe hebrea. Na vida do pobo xudío, a danza é considerada dende os tempos bíblicos como unha expresión de alegría ou de pena, e forma parte das celebracións deste pobo. Así, os xudeus celebran a festa dos Tabernáculos ou Tendas ao final do verán: montan os seus campamentos en distintas zonas da cidade para conmemorar os tiempos en que eran nómades no deserto. Nestes campamentos organízanse festas e bailan as súas danzas, como esta, Samoth, de ritmo pausado e melodía doada de interiorizar. En círculo, collidos das mans, os danzantes realizan cruzamentos e saltos cos pés, levando un pano branco na man como símbolo de fraternidade e pureza.6A - Samoth from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6B - Samoth from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6C - Samoth from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
