O primeiro baile latino que aprenderemos é o bolero. O bolero aparece durante o século XIX na illa de Cuba, arredor dos anos 20 e 30. O compás do bolero é de 4/4. A súa forma de bailar sinxela, a súa facilidade de mesturarse con outros ritmos e o seu romanticismo, fixérono moi popular. Baile moi romántico e sensual, precisa dun movemento moi marcado de cadeiras e brazos, adobiado con algo de alma e sentimento, xa que representa a unha parella de namorados. Se o ritmo é máis vivo, denomínase rumba-bolero. Como nota curiosa, este estilo evolucionou cara á bachata.
Tedes a continuación un bolero, unha rumba-bolero e unha bachata. Vaia reto!!!