Xa tedes aprendidos os pasos básicos da muiñeira? Pois agora, combinando todos os pasos anteriores, imos aprender un punto cada semana con Luis Prego. Non ten máis ciencia que practicar e practicar. Veña bailadores ... lembrade darlle xeito e donaire!!!
luns, 30 de marzo de 2020
luns, 23 de marzo de 2020
MUIÑEIRA 2
Nesta segunda semana de confinamento, non nos podemos esquecer da importancia que tén o mantérmonos activos, especialmente estes días que non podemos saír da casa. E que mellor maneira de facelo que bailando a muiñeira? Neste vídeo tedes algúns puntos básicos moi sinxelos de aprender. Cantos de vós sodes quen de facelos? Ei carballeira!!!
luns, 16 de marzo de 2020
BAILE GALEGO: MUIÑEIRA
Como ven sabedes, a semana pasada iniciamos a aprendizaxe da muiñeira. A muiñeira é
o baile solto máis representativo de Galicia. A súa orixe é moi discutida,
aínda que se cre que o seu nome deriva de “muíño”, polo costume dos homes e
mulleres de cantar e bailar cando ían moer o gran. Tamén se bailaba nas
reunións que facían os vecinos da vila para pasar as longas tardes de inverno
(seráns), momento no que se aproveitaba para fiar liño ou lá, bordar, contar
historias, cantar, comer, … e pasalo ben. Outro lugar de baile era o adro da
igrexa, antes ou despois da misa. Tamén se bailaba o día da festa do patrón.
A muiñeira consta de 3 partes diferenciadas:
- Paseos: pequenos descansos entre puntos e voltas. Non sempre os hai.
- Voltas: poden ser en roda ou en tablón. Correspóndese co “retrouso” ou refrán da música.
- Puntos: combinacións de pasos diferentes, con desprazamentos, xiros, cambios de pé, etc. Correspóndese coa “copla” da música.
Xeralmente altérnanse voltas e puntos. Durante as voltas os danzantes pódense ir desprazando para formar diferentes figuras (rodas, muíños, cruces, …). Polo medio pódense ir metendo ou non paseos ou descansos. Báilase na media punta e cos brazos levantados, aínda que hai momentos que se baixan (nos paseos).
Como estes días temos que quedar na casa, se vos apetece ir practicando un pouco, aquí vos deixo este vídes titorial para ir collendo algúns pasos básicos.

venres, 13 de marzo de 2020
BAILE GALEGO TRADICIONAL: BAILES-XOGO
Como xa sabedes, o segundo trimestre do curso está dedicado ao baile tradicional galego. Dentro del, podemos distinguir 4 tipos de bailes:
- bailes soltos: muiñeira e xota e variantes
- baile agarrados: pasodobre, valse, mazurca, ...
- danzas: bailes gremiais como a danza das fitas ou de espadas
- bailes-xogo
Hoxe imos explicar en que consisten os bailes-xogo. Trátase de xogos populares acompañados de coplas para bailar, ou de bailes para xogar. A xente xuntábanse nas fiadas, ruadas, segas, mallas… e alí cantaban, bailaban e xogaban. Polo xeral, eran xogos de escoller parella rapidamente, e non resultaban moi complexos: podíanos bailar tanto grandes coma pequenos, sendo moitos destes xogos os mesmos que empregaban os máis cativos polo día. Ás veces o único requerimento do xogo era saber ben a letra e a melodía, así como saber bailar o agarrado.
Esta semana aprendemos "O bolero". Un rapaz queda no medio facendo de “bolero” e o resto forman unha roda de parellas. Nun momento dado, as parellas desfanse e todos corren a buscar unha nova, que é cando aproveita o bolero para facerse con unha, co que outra persoa pasa ao medio, xa que hai un número impar de participantes. O proceso repítese ata que remata a canción, impoñéndolle unha pena simbólica ao que quedou como derradeiro “bolero”, facéndolle cóxegas entre todos.
O BOLERO MIX from CEIP Emilia Pardo Bazán on Vimeo.
O BOLERO MIX 2 from CEIP Emilia Pardo Bazán on Vimeo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)