“Jingle Bells» é unha das cancións tradicionais de inverno máis coñecidas e cantadas en todo o mundo. Foi escrita no século XIX polo compositor estadounidense James Pierpont. A pesar de estar íntimamente conectada ao Nadal, non é específicamente unha panxoliña, xa que non se menciona na letra, senón que trata sobre un paseo en trineo tirado por cabalos nun día de neve, de ahí que os pasos da danza lembren o galope deste animais. Os danzantes dispóñense nun círculo de parellas, agarrados das mans, e realizan o paso de polca piqué e o galope lateral.
Con esta danza despedímonos ata xaneiro, cando voltaremos con máis Danzas do Mundo. Bo Nadal a todos e todas!!!! E bailade moito nestas festas!!!!
6A - Jingle bells from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6B - Jingle bells from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6C - Jingle bells from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario