Mudamos de continente e detémonos en ASIA, onde visitamos Xapón e os seus costumes: os kimonos, o sushi, o sumo, as kokeshis ou bonecas xaponesas, as cerdeiras en flor, o origami, a cerimonia do té, ... Aquí aprendemos o baile "Ena Bushi", unha escenificación da recollida do arroz. É unha danza masculina na que os rapaces representan con xestos as fases da recolleita deste cereal: primeiro arrican a planta, sacódena e botan o arroz nun saco, átano e cárgano ao lombo, amosan a documentación ao fisco e despois avanzan para descargar o saco, retrocedendo ao final e saudando para dar grazas pola colleita.
6 A - Ena Bushi from Rosa Fernández on Vimeo.
6 B - Ena Bushi from Rosa Fernández on Vimeo.
6 C - Ena Bushi from Rosa Fernández on Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario