Iniciamos o curso coas Danzas do Mundo, ás que lle dedicaremos todo o primeiro trimestre. Aprenderemos varias danzas do mundo divididas por continentes e países. Empezaremos no noso continente, Europa e, máis concretamente, en Francia.
A primeira danza é o "Branle das ratas", típica de Morvan, lugar rodeado de montañas na Borgoña (centro de Francia). O branle ou bransle era un estilo de danza do século XVI na que o movemento principal é lateral, e que se bailaba en parellas ou nun grupo formando liñas ou rodas. Este en concreto bailábase golpeando fortemente o chan cos pés para espantar os ratos, especialmente nos fogares dos recén casados.
Aquí podedes ver 3 variacións desta danza, unha por grupo, aínda que os pasos son os mesmos.
6A - Branle das ratas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.Aquí podedes ver 3 variacións desta danza, unha por grupo, aínda que os pasos son os mesmos.
6B - Branle das ratas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6C - Branle das ratas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario