martes, 20 de xuño de 2017

VALS INGLÉS

Todos coñecemos en maior ou menor medida o valse vienés, pero moi poucos oímos falar doutro tipo de valse: o valse inglés. Durante a Primeira Guerra Mundial, unha nova xeración de bailaríns rebelouse contra os antigos valses vieneses, polo que os compositores comezaron a escribir valses máis lentos, dando orixe ao valse inglés, máis coñecido como valse lento.
Hai unha lenda que explica o nacemento do valse inglés grazas á raíña Victoria de Inglaterra quen, quedando prendada do valse vienés nunha das súas viaxes a Austria, pediulle ao seu profesor de danza que llo aprendera. Pero tivo que adaptalo debido a que a raíña era coxa, polo que o fixo máis lento, nacendo así o valse inglés.
Trátase dun baile sinxelo, cunha única dificultade: ese movemento de "ondulación", que se consegue dobrando os xeonllos ao inicio do paso e estirándoos ao final, dando a sensación de flotar.  Os pasos deben ser deslizantes e con grande desprazamento. 
Pasos básicos:
  • Paso Base
  • Cadrado
  • Cuartos dereita
  • Cuartos esquerda
  • Xiro Natural
  • Xiro inverso
  • Whisk
6ºA VALS INGLÉS from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

Ningún comentario: