A polca (ou polka) é unha danza popular aparecida en Bohemia (República
Checa) ao redor de 1830. Deriva do minueto, cunha introdución que prepara a entrada do tema e unha
coda que sirve de final á obra, En compás de 2/4 e tempo rápido, báilase con pasos laterais de tipo
"paso", "cerra", paso, "salto" (paso de polca) e evolucións rápidas, motivo polo que se fixo moi popular en Europa e
América.
Esta en concreto recibe o nome de "Polca do cuco" ou "Kuckuspolka" e é orixinaria de Alemaña e Austria, lugares onde son moi
populares os reloxos de cuco. O baile intenta imitar o
son e os movementos deste tipo de reloxos.
6A - KUCKUSPOLKA from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 B - KUCKUSPOLKA from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 C - KUCKUSPOLKA from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario