O reel é un tipo de danza popular
de Escocia e Irlanda, e é a máis interpretada
nas reunións informais de músicos (sessions), seguida a distancia por gigas, hornpipes, polkas e outras.
Os reels posúen un ritmo vivo e adoitan ser interpretados a velocidade rápida. Teñen unha
estrutura cuaternaria, polo xeral en compás de catro por catro. Este en concreto recibe o nome de Cumberland, rexión do
NO de Inglaterra, limítrofe con Escocia. É unha danza lúdico-festiva, moi alegre, cun único paso, o paseo saltado, e 2 partes:
- Frase A: muíño de catro persoas
- Frase B: figuras en parellas, en filas e por debaixo dun arco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario