luns, 24 de xuño de 2019
venres, 21 de xuño de 2019
ATA SEMPRE
domingo, 16 de xuño de 2019
CHA-CHA-CHÁ
O chachachá é un baile de salón de orixe latina que debe o seu nome ao son que fan os pés dos bailaríns ao rozar o chan en tres pasos rápidos, co obxecto de acentuar o ritmo da melodía. O compás musical do chachachá é de 2x2, pero no baile ten 4 tempos e báilase con 2 pasos lentos e 3 rápidos. Para bailalo, hai que poñer sensualidade, movemento de cadeiras e un pouquichiño de picardía.
Figuras nivel básico:
- Paso Base
- Lateral
- Hand to hand
- Media Lúa
6A - CHACHACHÁ from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6B -CHACHACHÁ from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
mércores, 29 de maio de 2019
BAILES DE SALÓN
E rematamos o curso cos bailes de salón, que son aqueles que se bailan en parella de forma coordinada seguindo o ritmo da música. Todos os movementos e interaccións da parella axústanse a uns patróns establecidos que, asociados coa música, caracterizan os distintos bailes. Podemos establecer 2 modalidades: latinos e estándar. Nos latinos, o baile é máis solto e marchoso; nos estándar, o baile faise máis pegado e dun xeito máis compacto e estirado. Entre os latinos temos o bolero, a rumba, o chachachá, o pasodobre, .. e entre os estándar figuran o valse, o fox trot, o tango, ...Comezamos polo baile máis español por excelencia, o PASODOBRE. Tocado en prazas de touros e verbenas populares, báilase alternando os pés, como se estivésemos desfilando. As figuras realízanse seguindo 8 pasos, imitando os movementos do toureiro (o rapaz sería o toureiro e a muller o capote). Ademais, temos que adoptar un aire altaneiro, ben estirados, sacando peito el e salerosa ela. Atentos ás evolucións, paseos, voltas e reviravoltas dos rapaces e rapazas ao ritmo de España Cañí... Oléééééé!!!6A - PASODOBRE from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6B - PASODOBRE from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6C - PASODOBRE from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
venres, 17 de maio de 2019
FESTA DOS MAIOS
E chegou o tan esperado día: a nosa actuación de baile galego. O pasado xoves 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas no colexio coa Festa dos Maios. Trátase dun costume popular de orixes ancestrais no que se realizan diversas representacións arredor dunha "árbore" ou escultura chamada maio: bailes, recitado de coplas, ... O maio consiste nunha armazón de forma cónica ou piramidal que se vai cubrindo de follas, fiúncho, fentos, flores, bugallos, froitos e mesmo ovos. Hoxe en día tamén se constrúen maios coas figuras máis variadas: cruceiros, hórreos, animais, figuras humanas, ... Así, os alumnos/as de 6º recitamos unhas coplas e bailamos unha muiñera tradicional e unha muiñeira corrida arredor do maio. Aquí tedes o resultado de varios meses de esforzo... Un día para a lembranza...
MUIÑEIRA 6º from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
MUIÑEIRA CORRIDA from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
