Como xa sabedes, dedicamos todo o segundo trimestre e parte do terceiro a aprender o baile tradicional galego, en concreto a muiñeira, xunto con algún baile-xogo, alguns bailes agarrados e unha danza. Esta última é a Danza dos Maios a cal, a ritmo de muiñeira, servíunos para conmemorar a chegada do bo tempo e realizar unha ofrenda ante o "maio" para que nos dea boas colleitas. Aquí tedes o resultado...
luns, 22 de maio de 2017
domingo, 12 de febreiro de 2017
II XUNTARTE
E xa tivo lugar a II edición de Xuntarte, xuntos pola Arte. Trátase dun evento que conmemora o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia ao redor da danza, a música e o canto de diferentes países do mundo. Na edición deste ano participamos 8 centros educativos públicos da cidade da Coruña, e 440 alumnos e alumnas, actuando o noso cole como organizador. O éxito foi abrumador. A variedade, orixinalidade e calidade interpretativa resultou espectacular.
Aquí tedes a nosa aportación: "Morris dance". É unha danza británica moi antiga que se bailaba para conmemorar a chegada do bo tempo despois do longo inverno e celebrar así o "May Day". Por iso, as mozas recollían flores e facían coroas, arcos e todo tipo de adornos que despois utilizaban para bailar. Tamén escollían a Raíña de Maio, á que dedicaban os diferentes bailes que facían: con paos, con arcos, con panos, ...
Parabéns a todos os participantes polo excelente resultado!!!
SDV 0014 from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
xoves, 19 de xaneiro de 2017
BOLERO
Ano novo, vida nova... Deixamos atrás a nosa viaxe por Europa e voltamos a Galicia, onde pasaremos todo este segundo trimestre. Primeiro aprenderemos un baile-xogo: o Bolero, moi popular nas festas para divertirse escollendo parella. A gran
cantidade de xogos e divertimentos que tiñan os nosos antepasados conforman
unha parte moi importante da nosa cultura oral. Xuntábanse nas fiadas, ruadas,
segas, mallas… e alí cantaban, bailaban e xogaban. Non se trataba de xogos
restrinxidos aos máis cativos que asistían, que eran os menos, senón que eran
xogos abertos a tódolos presentes, nos que se participaba cantando e bailando.
Polo xeral, eran xogos de escoller parella rapidamente, cos que se buscaba esa
complicidade coa persoa desexada ou simplemente pasar un anaco divertido na
compaña dos outros. Os xogos non resultaban moi complexos e podíanos bailar
tanto grandes coma pequenos, sendo moitos destes xogos os mesmos que empregaban
os máis cativos polo día. Ás veces o único requerimento do xogo era saber ben a
letra e a melodía, así como saber bailar o agarrado.
BOLERO - Galicia from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
mércores, 21 de decembro de 2016
BO NADAL
E rematamos o 1º trimestre do curso, non ser ter danzado polos 5 continentes.... e o que nos queda. É tempo de relaxarse e desfrutar destes días de descanso, e de coller enerxía para encarar o novo ano con forza e bailando, por suposto!
Bo Nadal e boas danzas a todos e todas!!!
venres, 16 de decembro de 2016
AMÉRICA - EEUU - Jingle Bells
“Jingle
Bells» é unha das cancións tradicionais de inverno máis coñecidas e cantadas en
todo o mundo. Foi escrita no s.XIX polo compositor estadounidense James
Pierpont. A pesar de estar íntimamente conectada ao Nadal, non é
específicamente unha panxoliña, xa que non se menciona na letra, senón que
trata sobre as carreiras de cabalos, de ahí que os pasos da danza lembren o
galope deste animais. Os danzantes dispóñense nun círculo de parellas, agarrados das mans, e realizan o paso de polca piqué e o galope lateral.
Estes vídeos amosan os ensaios previos á actuación do vindeiro mércores, cando celebraremos o festivals de Nadal do cole.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)