venres, 23 de febreiro de 2018
ÁFRICA - SI SI KUMBALÉ
sábado, 17 de febreiro de 2018
NOVA ZELANDA - HAKA
E non podemos abandonar Oceanía sen antes aprender unha das súas danzas máis famosas internacionalmente: o Haka. Haka é un termo que serve para definir calquera danza maorí, pero soe ser utilizado para referirse especificamente á danza de guerra tribal maorí. Non obstante, adoita ser unha danza de benvida e é signo de hospitalidade, pero tamén un método de intimidación antes da loita.
O haka é unha demostración feroz do orgullo, a forza e a unidade dunha tribo. Para iso, dan golpes violentos cos pés, sacan a lingua de xeito protuberante e dan palmadas rítmicas no corpo acompañando un canto forte. As palabras do haka soen describir poeticamente os ancestros e os sucesos da historia da tribo.
Hoxe en día segue a usarse o haka nas cerimonias e celebracións maoríes para honrar aos invitados e amosar a importancia da ocasión. Pero tamén se usa para desafiar aos opoñentes no campo de deportes. Probablemente teñades visto aos All Blacks de Nova Zelanda facendo o haka antes dun partido de rugby e ... é aterrador, non si?
6 A - HAKA from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 B - HAKA from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 C - HAKA from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
venres, 16 de febreiro de 2018
POLINESIA - Te vaine marea
Atentos á instrumentación musical, que nos evoca palmeiras, praias tropicais, augas transparentes, colares de flores, ...
6 A - TE VAINE MAREA from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
domingo, 11 de febreiro de 2018
NOVA ZELANDA - Tutira mai nga iwi
Cambiamos de continente e visitamos Oceanía, as nosas antípodas. Pararemos pimeiro en Nova Zelanda, patria dos maorís. Con eles aprenderemos algúns dos trazos máis significatrivos da súa cultura: as tatuaxes faciais, o rito do bico, as comidas, os animais exóticos e , como non, as súas danzas, como esta: "Tutira mai nga iwi", danza e canto tribal que proclama a unión e a fraternidade. É un canto moi coñecido nestas illas, cantado en todas as escolas e que mesmo os All Blacks interpretan. Aquí tedes a letra:
Tūtira mai ngā iwi,
tātou tātou e
Tūtira mai ngā iwi,
tātou tātou e
Whai-a te marama-tanga,
me te aroha - e ngā iwi!
Ki-a ko tapa tahi,
Ki-a ko-tahi rā
Tātou tātou e
(Repeat)
tātou tātou e
Tūtira mai ngā iwi,
tātou tātou e
Whai-a te marama-tanga,
me te aroha - e ngā iwi!
Ki-a ko tapa tahi,
Ki-a ko-tahi rā
Tātou tātou e
(Repeat)
Tā-tou tā-tou e E!!
Hi aue hei !!!
Hi aue hei !!!
6 A - Tutira mai nga iwi from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 B - Tutira mai nga iwi from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 C - NOVA ZELANDA - Tutira mai nga iwi from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
sábado, 3 de febreiro de 2018
PAÍSES ÁRABES - DANZA ÁRABE
A danza nos países árabes comezou hai miles de anos, cando se lles atribuían poderes máxicos ás mulleres, que realizaban bailes rituais, quedando os homes excluídos destes ritos. Máis tarde, o Cristianismo pasou a dominar medio Oriente e prohibíu estas danzas por consideralas herexes. Posteriormente, a principios da Idade Media, instaurose o Islamismo, que erradicou a danza das rúas. Pero esta reaparece no século XVIII a través de grupos de esclavas retidas polos califas, que representaban así o seu poderío. Por este motivo, cotizábase a beleza e as habilidades das bailarinas: canto, poesía, recitación, baile, ... A vestimenta era tamén un elemento moi importante, pois levaban moitos adornos: brazaletes, colgantes, moedas e roupas de cores moi vivas e alegres.
A música escollida para esta Danza Árabe é a composta por Tchaikovsky para o ballet O Crebanoces.
6 A - Danza árabe from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 B - Danza árabe from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 C - Danza árabe from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
