venres, 20 de outubro de 2017

POLCA DO CUCO - ALEMAÑA

E continuamos a nosa andaina por terra europeas desprazándonos esta semana a Alemaña, onde bailaremos a Kuckuspolka ou Polca do cuco. De todos é ben sabido que os mellores e máis precisos reloxos de cuco fabrícanse nestas terras alemás. Pois ben, esta danza intenta imitar os movementos dos bailaríns dun destes reloxos, que cada hora en punto saen da súa casiña a deleitarnos con estes pasos de polca.



6 A - KUCKUSPOLAK from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - KUCKUSPOLKA from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6C - KUCKUSPOLKA from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

venres, 13 de outubro de 2017

O PESIÑO - PORTUGAL

Trasladámonos esta semana ao noso país veciño, Portugal, onde aprendemos esta danza popular "O pesiño". Nunha roda de parellas, os danzantes van movendo a punta do pé ao ritmo de música en coordinación coa súa parella. Podemos atopar variantes desta danza en Galicia e Brasil, por influencia dos emigrantes que a levaron consigo.

6 A - O pesiño from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - O Pesiño from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - O Pesiño from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

domingo, 8 de outubro de 2017

LA BADOISE - LUXEMBURGO

A medio camiño entre Francia e Luxemburgo, atopamos esta danza de xogo amoroso entre homes e mulleres. Báilase nunha roda de parellas, con paso de marcha e xogo de mans, e cun pequeno intercambio verbal, no que o home rexeita á muller, polo que esta cambia de parella para probar sorte de novo. De música alegre e viva. resulta unha danza moi divertida e doada de bailar.



6 A - LA BADOISE from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - L BADOISE from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - LA BADOISE from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

sábado, 30 de setembro de 2017

PORTSMOUTH - INGLATERRA

Desprazámonos polo Eurotúnel dende Francia a Inglaterra, concretamente a unha cidade costeira do sur chamada Portsmouth, que lle dá nome a esta danza. Sede da mariña real Británica no séculos XVII e XVIII, era un porto internacional onde confluían xentes de moitos lugares do mundo, nun intercambio de razas, culturas e tradicións. Dispostos en dúas filas, os danzantes fan unha serie de movementos para presentarse e coñecer á súa parella, ao ritmo da música de Mike Oldfield.
Ladies and gentlemen... "Portsmouth"!!!


6 A - Portsmouth from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - Portsmouth from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - Portsmouth from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

venres, 22 de setembro de 2017

BENVIDOS

Benvidos a un novo curso escolar cheo de música e danza. Ao igual que o ano pasado, o Obradoiro de Danza "Danzarte", abranguerá 3 grandes tipos de danzas:

- 1º trimestre: DANZAS DO MUNDO
- 2º trimestre: BAILE TRADICIONAL GALEGO
- 3º trimestre: BAILES DE SALÓN

Así que xa podemos ir preparándonos para mover o noso corpo... Para empezar, viaxaremos por distintos países do mundo para aprender as súas danzas. Comezamos por Europa, máis concretamente, Francia, onde bailaremos o "Branle das Ratas". Esta era a primeira danza que se facía nas festas. Báilase en corro, agarrados das mans, pisando forte no chan para espantar os posibles ratos que houbese, de xeito que depois se puidese bailar con tranquilidade e comer todos os manxares que había preparados. A bailar!!!

6 A - Branle das ratas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - Branle das ratas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - Branle das ratas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.