martes, 20 de xuño de 2017

CHACHACHÁ

O chachachá é un baile de salón de orixe latina que debe o seu nome ao son que fan os pés dos bailaríns ao rozar o chan en tres pasos rápidos, co obxecto de acentuar o ritmo da melodía. O compás musical do chachachá é de 2x2, pero no baile ten 4 tempos e báilase con 2 pasos lentos e 3 rápidos. Para bailalo, hai que poñer sensualidade, movemento de cadeiras e un pouquichiño de picardía.

Figuras nivel básico:
  • Paso Base
  • Lateral
  • Volta del e dela 
  • New York
  • Hand to hand
  • Media Lúa

6ºA CHACHACHA from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

venres, 16 de xuño de 2017

RUMBA - BOLERO

Tócalle o turno agora ao bolero ou rumba-bolero, un dos bailes de salón máis románticos. De orixe cubana, creouse durante o século XIX, a base de mesturar ritmos africanos cos bailes caribeños. Da primitiva danza cubana só queda ese xogo de parella, no que a muller coquetea, o home faille as beiras e ela rexéitao. De todos os xeitos, é recomendable bailalo cun movemento marcado das cadeiras e dos brazos; e se, ademais, engadímoslle algo de alma e sentimento, o éxito está asegurado. Botade un ollo e veredes...
As figuras que aprendemos foron:

  • - Paso Base
  • - Xiros da muller
  • - Cruzado
  • - Hand to hand
6ºA - BOLERO from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6º B - BOLERO from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6ºC - BOLERO from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

sábado, 3 de xuño de 2017

PASODOBRE

E rematamos o curso cos bailes de salón. Comezamos polo baile máis español por excelencia, o PASODOBRE. Tocado en plazas de toros e verbenas populares, báilase alternando os pés, como se estivésemos desfilando. As figuras realízanse seguindo 8 pasos, imitando as do toureiro (o rapaz sería o toureiro e a muller o capote). Ademais, temos que adoptar un aire altaneiro, ben estirados,  sacando peito el e salerosa ela. Atentos ás evolucións, paseos, voltas e reviravoltas dos rapaces e rapazas ao ritmo de España Cañí...


PASODOBRE 6ºC from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6ºA - PASODOBRE from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

BAILES DE SALÓN

BAILES DE SALÓN

luns, 22 de maio de 2017

MAIOS

Como xa sabedes, dedicamos todo o segundo trimestre e parte do terceiro a aprender o baile tradicional galego, en concreto a muiñeira, xunto con algún baile-xogo, alguns bailes agarrados e unha danza. Esta última é a Danza dos Maios a cal, a ritmo de muiñeira, servíunos para conmemorar a chegada do bo tempo e realizar unha ofrenda ante o "maio" para que nos dea boas colleitas. Aquí tedes o resultado...