Estamos ante unha danza que podemos atopar en moitos países, non só de Europa, senón tamén do mundo enteiro: a Danza das Fitas. Nela, os danzantes van trenzando e destrenzando unhas cintas de cores ao redor dun pao. Tradicionalmente, bailábase para celebrar a chegada da primavera, da estación luz e do bo tempo. Os mozos da vila cortaban unha árbore no bosque e quitábanlle as pólas e follas, antes de adornala con flores e fitas. Tamén elaboraban coroas de flores que, despois, levaban na cabeza.
Esta que representamos aquí é propia de varios países de Centroeuropa: Alemaña, Suíza, Austria, Eslovaquia, República Checa, Francia, ..., aínda que tamén é bailada en moitas provincias de España, incluída Galicia. A diferenza entre as distintas zonas está no tipo de música empregada e nos pasos bailados.
Salientar que se trata dunha danza de moi difícil execución, non polos pasos en si, senón polo propio proceso de trenzado e destrenzado das fitas, no que un só erro pode resultar fatal.
6A - Danza das fitas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6B- Danza das fitas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6C - Danza das fitas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.