mércores, 19 de decembro de 2018

EEUU - Jingle bells

Imaxe relacionada
“Jingle Bells» é unha das cancións tradicionais de inverno máis coñecidas e cantadas en todo o mundo. Foi escrita no século XIX polo compositor estadounidense James Pierpont. A pesar de estar íntimamente conectada ao Nadal, non é específicamente unha panxoliña, xa que non se menciona na letra, senón que trata sobre as carreiras de cabalos, de ahí que os pasos da danza lembren o galope deste animais.  Os danzantes dispóñense nun círculo de parellas, agarrados das mans, e realizan o paso de polca piqué e o galope lateral. 

Con esta danza despedímonos ata xaneiro, cando voltaremos con máis Danzas do Mundo. Bo Nadal a todos e todas!!!! E bailade moito nestas festas!!!!






6 A - Jingle bells from Rosa Fernández on Vimeo.

6 B - Jingle bells from Rosa Fernández on Vimeo.

6C - Jingle bells from Rosa Fernández on Vimeo.

martes, 11 de decembro de 2018

PÁISES ANDINOS - Carnavalito

Carnavalito é unha danza moi antiga, bailaba en todos os páises andinos (Colombia, Perú, Bolivia, Arxentina, Chile, Venezuela, Ecuador) antes da chegada dos colonizadores españois. Anuncia a chegada das carnestolendas e cerra as festas despois do primeiro venres de Pascua. A súa importancia non só é festiva; polo xeral, as súas letras eran vellas composicións rimadas, portadoras de ensinanzas tradicionais e de historias de namorados. É bailada 
Os danzantes móvense en torno aos músicos ou en ringleira. Unha muller ou un home cun pano (ou banderín adornado con fitas) na man encárgase de dirixir, e forma figuras como a roda, dobre roda, serpentina, caracol, muíño, rúas, fileira libre, … 


6 A - Carnavalito from Rosa Fernández on Vimeo.

6 B - Carnavalito from Rosa Fernández on Vimeo.

6 C - Carnavalito from Rosa Fernández on Vimeo.

luns, 10 de decembro de 2018

MÉXICO - A raspa

A raspa é unha danza mexicana tradicional, bastante enérxica e alegre, que é bailada e todas as festas e reunións familiares non só en México, senón tamén en innumerables países do resto do mundo. Intenta escenificar un coqueteo entre a parella, no que o home trata de seducir á muller co seu zapateo. O seu nome provén do son que fai o güiro, instrumento que se toca frotándoo cun raspador. As parellas reúnense nun gran círculo e tratan de imitar ese "raspeo" cos pés. 



6 A - A raspa from Rosa Fernández on Vimeo.

6 B - A RASPA from Rosa Fernández on Vimeo.

6 C - A raspa from Rosa Fernández on Vimeo.