domingo, 28 de outubro de 2018

ALEMAÑA: Polca do Cuco

E continuamos a nosa andaina por terra europeas desprazándonos esta semana a Alemaña, onde bailaremos a Kuckuspolka ou Polca do cuco. De todos é ben sabido que os mellores e máis precisos reloxos de cuco fabrícanse nestas terras alemás. Pois ben, esta danza intenta imitar os movementos dos bailaríns dun destes reloxos, que cada hora en punto saen da súa casiña a deleitarnos con estes pasos de polca. Así, os danzantes dispóñense en parellas e desprázanse uns detrás dos outros en sentido circular.


6 A - POLKA DO CUCO from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - POLKA DO CUCO from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - POLKA DO CUCO from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

venres, 19 de outubro de 2018

REINO UNIDO: Portsmouth

Desprazámonos agora ao Reino Unido, concretamente a unha cidade costeira do sur de Inglaterra chamada Portsmouth, que lle dá nome a esta danza. Sede da Mariña Real Británica no séculos XVII e XVIII, era un porto internacional onde confluían xentes de moitos lugares do mundo, nun intercambio de razas, culturas e tradicións. Así, para promover ese intercambio, celebrábanse moitas festas nas que se comía e tamén se bailaba. Unha das danzas máis celebradas era esta que aprendemos hoxe. Dispostos en dúas filas, os danzantes fan unha serie de movementos para presentarse e coñecer á súa parella, ao ritmo da música de Mike Oldfield.
Ladies and gentlemen... "Portsmouth"!!!
6 A - PORTSMOUTH from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - PORTSMOUTH from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - PORTSMOUTH from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

martes, 9 de outubro de 2018

IRLANDA: Cumberland Reel


E desprazámonos desta volta a Irlanda, para realizar unha danza de corte chamada Cumberland Reel. Colocados en filas enfrontadas de homes e mulleres, en 3 grupos de 4 parellas cada un, os danzantes van desprazándose polo espazo realizando diversas figuras: muíños, pasillos, pontes, ... Cabe destacar o porte elegante e sempre alegre deste baile.


6A - Cumberland Reel from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6B - Cumberland Reel from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 C - Cumberland Reel from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

luns, 1 de outubro de 2018

EUROPA - BÉLXICA : La badoise



A medio camiño entre Francia e Bélxica, atopamos esta danza de xogo amoroso entre homes e mulleres: La badoise. Báilase nunha rolda de parellas, con paso de marcha e xogo de mans, e cun pequeno intercambio verbal, no que o home rexeita á muller, polo que esta cambia de parella para probar sorte de novo. De música alegre e viva, resulta unha danza moi divertida e doada de bailar.


6 A - La badoise from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 B - La badoise from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - La badoise from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.