xoves, 18 de xuño de 2020

ATA SEMPRE

Goodbye Animation GIF | GfycatE chega o momento da despedida. Espero que teñades disfrutado tanto das clases de danza coma min e que sempre as lembredes con cariño. Despois de todo un curso de bailes, música, bromas, algún pequeno enfado e moitos risos, só nos queda dicir... ATA SEMPRE!!! 
E que mellor forma de despedirnos que cun baile divertido e moi moi apropiado: Jason Derulo e David Guetta: "Goodbye".

luns, 15 de xuño de 2020

BAILE EN GRUPO: COUNTRY DANCE

Western Sticker for iOS & Android | GIPHYE rematamos o curso cun baile en grupo diferente. Como ben sabedes, o baile en grupo, en liña ou line dance é o que realiza un grupo de persoas de maneira sincronizada, seguindo unha coreografía establecida de antemán e que hai que aprender de memoria. Así, todos repiten os memos movementos, pero de xeito independente, sen interactuar entre eles. 
Hai quen sitúa a súa orixe no salvaxe oeste, sempre cunha imaxe de western, asociado á música country, aos cowboys ataviados con pantalón e sombreiro vaqueiro e botas campeiras. Sen embargo, non deixa de ser un baile social, orixinario das Illas Británicas, que foi evolucionando a distintos tipos de ritmos.
Preparados? 
- Empezamos o quecemento con Coyote Dax e "No rompas más mi pobre corazón".
- Seguimos con country: "Cotton Eye Joe"
- E seredes quen de seguirlles o ritmo aos cowboys do último vídeo?

luns, 8 de xuño de 2020

BAILES LATINOS: Salsa e merengue

Salsa Dance GIF - Salsa Dance Silhouette - Descubre & Comparte GIFs

A salsa xurdiu entre os 60 e os 70 no barrio latino de Nova York como resultado das transformacións  de músicos portorriqueños, cubanos e americanos sobre os xéneros da música cubana, agregándolle cousas do floclore boricua e do jazz.




Resultado de imagen de gifs animados de baile salsaO berce do merengue atopámolo en Santo Domingo, pois é alí onde xorden as primeiras composicións e onde se converte en baile nacional. Nun principio, foi rexeitado pola clase alta, calificándoo de vulgar, quizáis por relacionalo coa música afro e por conter letras pícaras. Pese a todo e debido á súa sinxeleza, á súa alegría e viveza, foi un ritmo aceptado en festas e celebracións, popularizándose ao máximo a partir dos anos sesenta en países de fala hispana, e un pouco máis tarde dándose a coñecer en todo o mundo.
Para o principiante poderiamos dicir que se asemella a desfilar: un, dous, un, dous…  sen levantar tanto os pés (pénsase que o baile xurdiu nos campos que cultivaban os esclavos, que ao estar unidos por unha cadea atada aos nocellos, debían camiñar arrastrando os pés e todos a un tempo, a un mesmo ritmo).
A dificultade do merengue está no seu movemento de cadeira, que debemos imprimir para marcar esa sensualidade dos ritmos latinos.

Aquí tedes 4 vídeos titoriais:
- Primero o quecemento: "Sofia"
- Despois salsa: "Despacito"
- A continuación, un merengue: "La dueña del swing"
- Por último: relaxación e volta á calma:  "Perfect"




luns, 1 de xuño de 2020

BAILES LATINOS: Chachachá


Todo sobre el baile cubano, chachacha | Así Se BailaO chachachá é de orixe cubana, pero é en México onde adquiriu unha grande popularidade,  estendéndose a América Latina e mesmo a Estados Unidos, quizáis debido a que é un baile alegre, nin moi rápido nin moi lento, sensual, coqueto e doado de adaptar ás diferentes figuras do mambo e da rumba. O nome vén do movemento dos bailaíns: os pés marcaban un son característico ao rozar o chan en tres pasos rápidos, cha cha chá, para acentuar o ritmo da melodía e así por onomatopeia, naceu o nome. 
Xa sabedes, sensualidade, movemento de cadeiras, e un chisco de picardía. A bailar!!!

Primeiro o quecemento con Michael Jackson: "Blame it on the Boogie"
Despois dous chachachás: "Havana" e "Señorita" de Camila Cabello. 
E volta á calma con "Stand by me".

luns, 25 de maio de 2020

BAILES LATINOS: Bolero


Baile latino pintado a mano PNG Clipart | PNGOcean
Esta semana cambiamos de estilo e comezamos cos bailes latinos, distintos aos bailes estándar, xa que son moito máis sensuais, trasnmiten sentimento e expresan forza. Unha característica destes bailes é o movemento de cadeiras que acompaña os pasos, por iso se di que son moi sensuais. 

Danca Salao Bolero GIF | GfycatO primeiro baile latino que aprenderemos é o boleroO bolero aparece durante o século XIX na illa de Cuba, arredor dos anos 20 e 30. O compás do bolero é de 4/4. A súa forma de bailar sinxela, a súa facilidade de mesturarse con outros ritmos e o seu romanticismo, fixérono moi popular.  Baile moi romántico e sensual, precisa dun movemento moi marcado de cadeiras e brazos, adobiado con algo de alma e sentimento, xa que representa a unha parella de namorados. Se o ritmo é máis vivo, denomínase rumba-bolero. Como nota curiosa, este estilo evolucionou cara á bachata.
Tedes a continuación un bolero, unha rumba-bolero e unha bachata. Vaia reto!!!